Terra! foi un periódico publicado en Redondela en 1933.
Historia e características Subtitulado Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela, apareceu o 16 de abril de 1933. Saía o primeiro e terceiro domingo de cada mes. Estaba dirixido por Avelino Cal Fernández. Publicado integramente en galego. Ademais dos contidos políticos e propagandísticos, publicou textos literarios de Eduardo Pondal, Valentín Lamas Carvajal e Ramón Cabanillas. O último número saíu o 25 de xullo de 1933.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra
Categoría:Prensa escrita de Redondela Categoría:1933 en Galicia