Antonio Domínguez Fontán, coñecido como Sicho, nado na Pobra do Caramiñal e finado en Lisboa en 1936, foi un político e sindicalista galego.
Traxectoria Secretario da Agrupación socialista da Pobra do Caramiñal e dirixente do Sindicato de Oficios Varios La Unión Obrera (UGT). Foi director do periódico local La Lucha. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu xunto con outros republicanos do Barbanza no pesqueiro San José n.º 2 o 27 de xullo de 1936, cara ao porto de Leixões (Matosinhos). Morreu de tuberculose nun hospital de Lisboa.
Véxase tamén Ligazóns externas De Insuela a Leixoes a bordo do pesqueiro «San José Nº 2» Artigo en La Voz de Galicia
Categoría:Sindicalistas da UGT Categoría:Xornalistas da Pobra do Caramiñal Categoría:Nados na Pobra do Caramiñal Categoría:Finados por tuberculose Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos