Non confundir con Valentín García Gómez (1963), político extremeño do PSOE. Valentín García Gómez, nado en Abades (Silleda) o 10 de xuño de 1970, é un sociolingüista e político galego.

Traxectoria Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, cursou mestrado en Administración Local na mesma universidade. Foi responsábel do Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Estrada (1994-2011). Foi presidente da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua (CTNL) (1996-2002). A finais de 2011 asumiu a coordinación técnica da Rede de Dinamización Lingüística. En xaneiro de 2012 foi nomeado secretario xeral de Política Lingüística substituíndo a Anxo Lorenzo Suárez.

No ano 2017 foi recoñecido como Xuíz Honorario do Couto Mixto.

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Biografía na web da CTNL Entrevista en El Correo Gallego

Categoría:Sociolingüistas Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1970 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Políticos do PPdeG