Miguel Colmeiro Penido, nado en Santiago de Compostela o 22 de outubro de 1816 e finado en Madrid o 21 de xuño de 1901, foi un botánico galego Ficha no Centro Virtual Cervantes , irmán do xurisconsulto Manuel Colmeiro Penido.

Traxectoria Doutorouse en Medicina na Universidade de Madrid en 1842. Comezou o seu labor profesional no Xardín Botánico cando tomou posesión da cátedra de Botánica e Agricultura no Instituto Balmes da Xunta de Comercio de Barcelona en 1842, onde permaneceu ata 1847. Logo foi profesor de Historia Natural da Universidade de Sevilla desde 1847 ata 1857, onde organizou o Xardín Botánico e introduciu novas especies. Durante a súa estadía en Sevilla colaborou con Esteban Boutelou na elaboración dunha memoria sobre o xénero Quercus.

Posteriormente, e logo dunha etapa de agreas acusacións e enfrontamentos con Mariano de la Paz Graells, director do Museo de Ciencias Naturais de Madrid, Colmeiro foi nomeado Director do Real Xardín Botánico de Madrid, cargo que ostentou desde 1857 a 1900, aumentando fundamentalmente a colección de plantas e reestruturando o parque zoolóxico

Xa na Universidade Central de Madrid, exerceu a docencia nas cátedras de Organografía e Fisioloxía Vexetal e de Fitografía e Xeografía Botánica. Foi decano da Facultade de Ciencias e Reitor da Universidade Central.

Nomeado en 1859 membro da Real Academia das Ciencias Exactas, Físicas e Naturais, foi socio fundador e primeiro presidente da Real Sociedade Española de Historia Natural (1871-1872).

Morreu en Madrid en 1901.

Honras Epónimo (Asteraceae) Cirsium colmeiroanum SennenBol. Soc. Iber. xxviii. 77, hybr. 1929 (IK) (Asteraceae) Hieracium colmeiroanum Arv.-Touv. & Gaut.Hieracioth. Hisp. 19: non. 291-292. 1908 (Malvaceae) Malva colmeiroi Willk.Linnaea 30: 93 1859-61 (IK) (Oleaceae) Phillyrea × colmeiroana SennenBull. Soc. Dendrol. France, 60 1935 (IK) (Rhamnaceae) Rhamnus × colmeiroi Rivera, Obón & SelmaAnais Xard. Bot. Madrid 45(2): 558. 1989 (IK)

Abreviatura A abreviatura Colmeiro emprégase para indicar a Miguel Colmeiro Penido como autoridade na descrición e clasificación científica dos vexetais.Ficha no IPNI

Obras Exámen de las encinas y demás árboles de la Península que producen bellotas, con la designación de los que se llaman mestos, 1854 (con Esteban Boutelou). La botánica y los botánicos de la península hispano-lusitana: Estudios bibliográficos y biográficos, 1858. Enumeración y revisión de las plantas de la Península Hispano-Lusitana é islas Baleares, 1886-89.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

"Miguel Colmeiro y Penido" Gran Enciclopèdia Catalana

, Santos. Diccionario Biográfico Español Real Academia de la Historia .

Ligazóns externas

Relación de académicos desde o ano 1847 até o 2003 Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais Lista de especias descritas por Colmeiro no IPNI

Categoría:Botánicos de Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1816 Categoría:Finados en 1901 Categoría:Académicos da Real Academia Española Categoría:Profesores da Universidade Central de Madrid Categoría:Profesores da Universidade de Sevilla