The Constant Gardener é un filme estadounidense dirixido por Fernando Meirelles que se estreou no 2005. Baséase na novela The Constant Gardener de John le Carré.

Sinopse Justin Quayle (Ralph Fiennes) é un diplomático británico destinado en Kenya, cuxa muller é asasinada xunto a un home sospeitoso de ser o seu amante, un activista defensor dos dereitos humanos da rexión. Quayle decide entón investigar os asasinatos, e comeza a descubrir moito máis do que esperaba.

Personaxes Ralph Fiennes como Justin Quayle Rachel Weisz como Tessa Quayle Danny Huston como Sandy Woodrow Hubert Koundé como Arnold Bluhm Archie Panjabi como Ghita Pearson Bill Nighy como Sir Bernard Pellegrin Gerard McSorley como Sir Kenneth Curtis Pete Postlethwaite como Doutor Lorbeer

Galardóns e nomeamentos 2005: Oscar: Mellor actriz secundaria (Rachel Weisz). 2005: Globos de Ouro: Mellor actriz secundaria. 3 nomeamentos. 2005: Premios BAFTA: Mellor montaxe. 10 nomeamentos. 2005: Nomeada ó Premios Goya: Mellor filme europeo. 2005: Festival de Cannes: Prix France Musique Mellor música (Alberto Iglesias). 2005: Festival de Venecia: Nomeada ó León de Ouro - Sección oficial.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2005 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Fernando Meirelles Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes de Babelsberg Studio Categoría:Filmes sobre temas médicos Categoría:Filmes ambientados no Sudán Categoría:Filmes ambientados en Londres Categoría:Filmes ambientados en Kenya Categoría:Filmes sobre asasinatos