Walker Percy, nado en Birmingham (Alabama) o 28 de maio de 1916 e finado en Covington (Louisiana) o 10 de maio de 1990, foi un novelista estadounidense.

Traxectoria Pasou a súa infancia en Mississippi. Tras licenciarse na Universidade de Carolina do Norte en 1937, ingresou na Universidade de Columbia onde, en 1941, obtivo o título de doutor en Medicina. Cando traballou como patólogo contraeu tise e mentres se recuperaba da enfermidade leu a Kierkegaard e Dostoievski, autores que influirían na súa obra posterior, decidiu converterse ao catolicismo e comezar a súa carreira como escritor.

Percy publicou o bestseller A conxura dos necios de John Kennedy Toole, pois foi empeño seu que se editase un libro que tiña sido rexeitado por moitas editoriais, e que finalmente acadaría ao número un da listas de vendas de gran cantidade de países.

Autor de nove libros, a súa primeira gran novela foi The Moviegoer de 1961, onde introduciu o seu concepto de indisposición, que mereceu o National Book Award. Despois escribiu Love in the Ruins: The Adventures of a Bad Catholic at a Time Near the End of the World en 1971, The Second Coming en 1980 e The Thanatos Syndrome en 1987.

Véxase tamén Ligazóns externas The Fellowship of Southern Writers - Walker Percy

Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Nados en Birmingham, Alabama Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1990 Categoría:Alumnos da Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill Categoría:Alumnos da Universidade Columbia Categoría:Novelistas dos Estados Unidos de América