Armida é unha ópera en catro actos con música de Antonín Dvořák e libreto en checo de Jaroslav Vrchlický, baseado na obra de Torquato Tasso La Gerusalemme liberata. Trátase da última ópera composta por Dvořák, que morrería dous meses despois da súa estrea (a cal non puido asistir por estar xa moi enfermo), que tivo lugar no Teatro Nacional de Praga o 25 de marzo de 1904. A ópera non tivo grande éxito na época. A partitura foi publicada co opus nº 115 en 1941.
Polo que respecta ao xénero, Armida representa a culminación da experimentación do compositor checo co estilo de composición operística wagneriano, aínda que a meirande parte da música pertence ao propio estilo de Dvořák. O libreto de Vrchlický aseméllase ao que Philippe Quinault escribiu para a ópera homónima de Jean-Baptiste Lully.
Armida atrae polo tratamento do conflito entre o cristián e o non cristián e entre o amor e o deber.
Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea, 25 de marzo de 1904(Condutor: - )Rei Hydraot de DamascobaixoEmil PollertArmida, súa fillasopranoRůžena MaturováIsmen, un príncipe e magobarítonoBohumil BenoniPetr, un hermitañobaixoVáclav KlimentBohumir, comandante dos Francos barítonoVáclav ViktorinRinald, un cruzadotenorBohumil PtákDudotenorBedrich BohuslavSventenorAdolf KrössingRogertenorHynek SvejdaGernandbaixoRobert PolákUbaldbaixoFrantisek SírHlasatel, un heraldobaixoOtakar ChmelMuezinbarítonoJan VildnerSereasopranoMarie KubátováUnha ninfasopranoVilemína HájkováCoros de demos, ninfas, sereas, espíritos, cabaleiros etc.
Véxase tamén
Bibliografía La Ópera de la A a la Z, Naxos
Categoría:Óperas de Antonín Dvořák Categoría:Óperas en checo Categoría:Óperas de 1904 Categoría:Óperas estreadas en Praga