Microsoft Office é unha suite ofimática desenvolvida pola empresa Microsoft con versións para os sistemas operativos Microsoft Windows e macOS. Características Os tres programas 'centrais' ou básicos en toda versión desta suite son Microsoft Word, Microsoft Excel e Microsoft Powerpoint; procesador de texto, folla de cálculo e ferramenta de presentacións, respectivamente. As versións para Windows inclúen tamén o programa de xestión de bases de datos Microsoft Access e o xestor de correo electrónico Microsoft Outlook. Outros programas poden aparecer dependendo da versión de Office escollida.

O seu éxito nos Macintosh foi case inmediato, non así nos PC, nos cales as alternativas como WordPerfect tiñan a meirande parte da cota de mercado. A versión 95, e sobre todo a 97 suporán o dominio do mercado por parte de Microsoft.

Actualmente, alternativas de balde e libres como LibreOffice comezan a abrirse paso pouco a pouco, pero sen ameazar de momento a posición de monopolio de facto coa que conta a compañía estadounidense neste sector.

As últimas versións son Office 2010 para Windows e Office 2011 para Macintosh. Precisamente Microsoft, tras un convenio coa Xunta, presentou no ano 2004 a tradución ó galego da versión Windows.

Composición Na actualidade, a familia Microsoft Office está formada por:

Microsoft Word - procesador de textos. Microsoft Excel - folla de cálculo. Microsoft Powerpoint - programa de presentacións. Microsoft Access - base de datos. Microsoft Outlook - axenda e programa de correo electrónico. Microsoft Publisher - programa de autoedición. Microsoft InfoPath - programa para crear formularios en XML. Microsoft OneNote - programa para facer apuntamentos. Microsoft Project - xestor de proxectos. Microsoft Visio - programa para crear fluxogramas. Microsoft Communicator

Notas

Véxase tamén Outros artigos Microsoft Ofimática LibreOffice Open Office.org

Ligazóns externas Microsoft Office Online - Páxina oficial de Microsoft Office . Microsoft Office Language Interface Pack 2007 - Interface de usuario en Galego para moitos programas de Microsoft Office 2007.

Categoría:Soporte lóxico de Microsoft Categoría:Soporte lóxico de productividade