Pär Fabien Lagerkvist, nado en Växjö, Småland o 23 de maio de 1891 e finado en Estocolmo o 11 de xullo de 1974, foi un escritor sueco, gañador do Premio Nobel de Literatura en 1951. Cultivou poemas, obras de teatro, novelas, contos e ensaios. A súa obra caracterízase polo pesimismo, a anguria, a indagación da natureza humana e as constantes alusións á morte.
Traxectoria Pär Lagerkvist naceu en 1891 no seo dunha familia campesiña da provincia de Småland, na cidade de Växjö. Os seus pais eran de educación tradicionalista, con profundas bases relixiosas na fe cristiá. De 1910 a 1912 estuda arte e literatura na Universidade de Uppsala.
O seu interese pola arte lévao a viaxar a París, onde estuda arte e coñece o movemento cubista e expresionista.
Durante a primeira guerra mundial, viviu en Dinamarca; alí escribiu a súa primeira obra teatral en 1917, chamada Sista människan, así como Ångest, libro de poesía fortemente inspirado na guerra.
Ao seu regreso a Suecia, en 1919, convértese en crítico de teatro en Estocolmo, onde escribe numerosos ensaios en prensa. Ao mesmo tempo, continúa a súa obra literaria, que lle carrexaría unha grande aceptación entre o público e unha non menor influencia na literatura do seu país.
En 1940 sería nomeado membro da Academia Sueca. Ese mesmo ano recibe o título de Doutor Honoris Causa pola Universidade de Gotemburgo, e en 1951 gaña o Premio Nobel de Literatura.
Falece o 11 de xullo de 1974 en Danderyd, preto de Estocolmo.
Obra A obra de Lagerkvist caracterízase por unha forte calidade expresiva, influencia que adquiriu quizais en París, onde coñeceu o movemento expresionista. Aborda temas principalmente relacionados coa problemática do ben e do mal, que se reflicten nunha obra cargada de pesimismo, ansiedade, crueldade, e en ocasións de moralidade relixiosa.
Entre os temas centrais da súa obra está a cuestión fundamental do ben e do mal, que o autor examinou a través de figuras como o verdugo medieval, Barrabás, e o xudeu errante. Na súa moral, usou motivos e figuras da tradición cristiá sen seguir as doutrinas da Igrexa.
'Listado de obras:
1913: Människor 1913: Ordkonst och bildkonst 1913: Två sagor om livet 1914: Motiv 1915: Järn och människor 1916: Ångest 1917: Sista människan 1918: Teater 1919: Kaos 1920: Det eviga leendet 1921: Den lyckliges väg 1923: Den osynlige 1924: Onda sagor 1925: Gäst hos verkligheten 1926: Hjärtats sånger 1927: Det besegrade livet 1928: Han som fick leva om sitt liv 1930: Kämpande ande 1932: Konungen 1932: Vid lägereld 1933: Bödeln 1934: Den knutna näven 1935: I den tiden 1936: Människan utan själ 1937: Genius 1939: Seger i mörker 1940: Sång och strid 1944: Dvärgen 1950: Barabbas 1953: Aftonland 1956: Sibyllan 1962: Pilgrim på havet 1964: Det heliga landet 1967: Mariamne''
Véxase tamén Ligazóns externas
Páxina do Instituto Nobel, Premio Nobel de Literatura 1951
Categoría:Escritores de Suecia Categoría:Escritores en lingua sueca Categoría:Premio Nobel de Literatura Categoría:Nados no condado de Kronoberg Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1974 Categoría:Premios Nobel de Suecia Categoría:Alumnos da Universidade de Uppsala