José Antonio Novais Tomé, nado en Madrid o 30 de abril de 1925 e finado en El Puerto de Santa María (provincia de Cádiz) o 25 de marzo de 1993, foi un xornalista e escritor español.

Traxectoria O seu pai foi o tamén xornalista portugués Joaquim Novais Teixeira, que se establecera en España e que fora xefe de prensa de Manuel Azaña e posteriormente xefe de prensa e radio da Segunda República Española durante a guerra civil.

A famiia exiliouse a Francia e el, logo de estudar o bacharelato en Madrid fíxose xornalista na Francia posterior á segunda guerra mundial. Desprazado polo xornal Le Monde a España, foi o seu correspondente no réxime franquista e os seus artigos servían de fonte de información para a oposición interior española e tamén como a súa saída ao mundoLo que debemos a Novais, El País, 26/3/1993.. Tamén actuou como correspondente para o xornal paulista O Estado para o lisboeta, Diário de Notícias ou para Radio Luxembourg.

Na década dos sesenta o seu carné de prensa foi temporalmente anulado polo ministerio de Información e Turismo de España, que dirixía Manuel Fraga, e el detido en varias ocasións. En 1977, xa durante a transición democrática, recibiu unha malleira de parte dun grupo de Guerrilleros de Cristo.

Era socio de honra da Asociación de Correspondentes de Prensa Estranxeira.

Obra Ficción Nocturnos (1947) La calle del reloj (1950) Las formidables señas (1951, poesía) El gallo y la tierra (1952, teatro) Miedo y hombre (1955) Poemas de Amsterdam (1957, poesía) Cristo-Federico (1959, relatos)

Non ficción Asesinato de un héroe, general Humberto Delgado (1974, con Mariano Robles) ¿Quién mató a Julián Grimau? (1976, con Amandino Rodríguez Armada)

Galardóns Creu de Sant Jordi Premio Francisco Cerecedo de xornalismo.

Notas

Categoría:Xornalistas da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores da Comunidade de Madrid Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1925 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Premio Creu de Sant Jordi