Louis Gabriel "Lou" Amundson, nado o 7 de decembro de 1982 en Ventura, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.

Traxectoria Amundson foi nomeado Rookie do Ano da NBA D-League en 2007, cando xogaba nos Colorado 14ers.

O 8 de marzo de 2007, asinou un contrato de dez días cos Philadelphia 76ers.

O 14 de agosto de 2008, Amundson asinou un contrato por dous anos cos Phoenix Suns. O 30 de xuño de 2009, os Suns exerceron a opción de equipo no contrato de Amundson.

O 13 de setembro de 2010, Amundson asinou un contrato por dous anos cun valor de 4.17 millóns de dólares cos Golden State Warriors, sendo o segundo ano unha opción do xogador. Durante 46 partidos, fixo 4.3 puntos e 4 rebotes en 15 minutos de xogo. Tras a tempada 2010-11, elixiu a súa opción de quedar nos Warriors outro ano máis.

O 19 de decembro de 2011, Amundson foi traspasado aos Indiana Pacers a cambio de Brandon Rush. O 25 de setembro de 2012, asinou cos Minnesota Timberwolves. Foi cortado o 8 de febreiro de 2013.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1982 Categoría:Nados no condado de Ventura, California Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Xogadores dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Xogadores dos Golden State Warriors Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers Categoría:Xogadores dos Minnesota Timberwolves Categoría:Xogadores dos Chicago Bulls Categoría:Xogadores dos New Orleans Hornets Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos New York Knicks