O Reino de Montenegro (en ; Kraljevina Crne Gore) foi un dos reinos dos Balcáns, que existiu desde 1910 a 1918. A súa con capital era Cetinje.
Historia O Reino de Montenegro foi proclamado por Nicolao I de Montenegro, knjaz (príncipe) de Montenegro, en Cetinje, o 28 de agosto de 1910. miniatura|esquerda|330px|Proclamación do Reino de Montenegro en Cetinje, en agosto de 1910.
Nas Guerras balcánicas (1912 – 1913), Montenegro conseguiu estender o seu pequeno territorio tomando o Sandžak do Reino de Serbia o 30 de maio de 1913.
Isto supuxo a incorporación dunha poboación que non se identificaba cultural e historicamente co país.
A cidade recentemente tomada de Escútari (Shkodër en albanés) tivo que ser devolta ao novo estado de Albania por presións das grandes potencias a pesar de que os montenegrinos perderon 10.000 soldados na súa toma ás forzas otomás (albanesas) de Essad Bajá.
Durante a primeira guerra mundial (1914 – 1918) Montenegro estivo do lado das Potencias Aliadas. Do 15 de xaneiro de 1916 a outubro de 1918, o reino estivo ocupado polo Imperio Austrohúngaro.
O 20 de xullo de 1917 asinouse a Declaración de Corfú, que declarou a unificación de Montenegro co Reino de Serbia, que se proclamou o 26 de novembro de 1918.
O rei Nicolao foi deposto, e a oposición á nova condición montenegrina continuou durante varios anos pola resistencia de guerrillas.
O seu único xefe de Estado foi Nicolao I de Montenegro, rei de 1910 a 1918.
Pretendentes á coroa (desde 1918) Nicolao I de Montenegro (pretendente como Nicolao I) (1918 - 1921) Danilo de Montenegro (pretendente como Danilo III) (1921) Miguel de Montenegro (pretendente como Miguel I) (1921 - 1986) Nicolao de Montenegro (pretendente como Nicolao II) (1986-) (Herdeiro) Boris de Montenegro (nacido en 1980)
Primeiros ministros Lazar Tomanović (1910-1912) Mitar Martinović (1912-1913) Janko Vukotić (1913-1915) Milo Matanović (1915-1916)
Primeiros ministros no exilio Lazar Mijusković (1916) Andrija Radović (1916-1917) Milo Matanović (1917) Evgenije Popović (1917-1919) Jovan Plamenać (1919-1921) Anto Gvozdenović (1921-1922) Milutin Vucinić (1922) Anto Gvozdenović (1922)
Véxase tamén Outros artigos Historia dos eslavos do sur Imperio Otomán Primeira guerra mundial Reino dos Serbios, Croatas e Eslovenos
Categoría:Reino de Iugoslavia Categoría:Reinos antigos Categoría:Monarquías desaparecidas