David Gulpilil Ridjimiraril Dalaithngu (Gurlpilil tamén é lingüisticamente correcta aínda que ás veces tamén aparece nos créditos como David Gumpilil), nado en Maningrida, Terra de Arnhem, Territorio do Norte, o 1 de xullo de 1953 e finado en Murray Bridge, Australia Meridional o 29 de novembro de 2021, foi un actor australiano de ascendencia aborixe. O seu primeiro papel nun filme foi en Walkabout.
Traxectoria É un home yolngu, do grupo lingüístico mandhalpuyngu e de lingua djinba. Cando era novo era un cumprido cazador, rastrexador, e bailarín cerimonial. A diferenza de moitos aborixes australianos da súa xeración, Gulpilil foi criado ó xeito tradicional sen influencias da cultura anglo-australiana. Tamén asistiu á escola da misión de Maningrida, Terra de Arnhem, mais cando acadou a idade axeitada, foi iniciado no grupo tribal dos Mandhalpuyngu. Despois de aparecer no seu primeiro filme, Walkabout (1971), engadiu o inglés ás varias linguas tribais das que xa era un falante fluído.
Últimos anos e morte Diagnosticáronlle cancro de pulmón en 2017, e retirouse da actuación en 2019. A súa doenza impediulle acudir aos premios NAIDOC de 2019, nos que se lle outorgou un premio pola súa traxectoria.
Gulpilil morreu na súa casa de Murray Bridge o 29 de novembro de 2021. Após o seu pasamento, a súa familia solicitou que se lle faga referencia como David Dalaithngu durante un tempo por razóns culturais.
Filmografía Ano Título Personaxe NotasReferencia1964In Song and Dancedocumentary1971WalkaboutMozo aborixe credited as David Gumpilil1973No Bag Limitdocumental1974The Morning Star Painterdocumental1975The Rainbow Serpentcurtametraxe1976Mad Dog MorganBillyStorm BoyBillCandidato a un premio AACTA ao mellor actorTo Shoot a Mad DogdocumentalFelixcurtametraxe1977The Last WaveChris Leenos créditos como Gulpilil1978The Magic ArtscurtametraxeLittle Boy LostThree Dances by Gulpilildocumental1980The Painter: Wunuwun in SydneydocumentalBilly Westcurtametraxe1981Great Barrier Reefdocumental1984The Hunting Partydocumental 1986 Crocodilo Dundee Neville Bell1985Rainbow Serpent: A Changing Culturedocumental1983The Right StuffAborixe1987Dark AgeAdjaral1991Until the End of the WorldDavid1996Dead HeartSegundo home no deserto2001SerenadesRainman2002The TrackerO rastrexadorPremio AACTA ao mellor actorPremio FCCA ao mellor actorPremio Inside Film ao mellor actorRabbit-Proof FenceMoodooCandidato a un premio AACTA como mellor actor secundarioGulpilil: One Red BloodEl mesmodocumentalMimicurtametraxeFollowing the Rabbit-Proof Fencedocumental2005The PropositionJacko2006Ten CanoesNarradorCrocodile DreamingBurrimmillacurtametraxe2008AustraliaKing George2013Satellite BoyJagamarra2014Charlie's CountryCharliePremio AACTA ao mellor actorPremio AFCA ao mellor actorPremio AFCA ao mellor guiónPremio do Festival de Cinema de Cannes ao mellor actor2016GoldstoneJimmyCrazy Days at the Old Brumby MoonMick2017CargoDaku2019Amigos para semprePai de Bill2021My Name is GulpililEl mesmo
Televisión Ano Título Personaxe Notas Referencias1972BoneyMozo aborixe / Balinga / Bailarín / Tonto / David Ooldea5 episodios 1973Spinifex Breedepisodio: "Pilot"1974HomicideGary Willisepisodio: "Slow Fuse" 1976RushSatchelepisodio: "The Kadaitcha Man"Luke's KingdomMozo aborixeepisodio: "The Dam and the Damned"Taggart's Treasuretelefilme1977The OutsidersBilly Potterepisodio: "Sophie’s Mob"1979SkywaysKoiranahepisodio: "Koiranah"The DreamtimeNarradorThis is Your LifeEl mesmo1 episodio1980The Timeless LandBennelongYoung RamsayAborixeepisodio: "Dreamtime"1989Naked Under CapricornActivity 1995The Man from Snowy RiverManulpuyepisodio: "The Savage Land"2000BeastMasterXamánepisodio: "Valhalla"Der Paradiesvogel2017The LeftoversChristopher Sunday2 episodios
Notas
Véxase tamén
Categoría:Actores aborixes australianos Categoría:Actores de cinema de Australia Categoría:Nados no Territorio do Norte Categoría:Nados en 1953 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Finados por cancro de pulmón