Sonia Ramos Piñeiro, nada en Lugo en 1969, é unha funcionaria galega.
Traxectoria Licenciouse en Dereito pola Universidade Pontificia Comillas. Ingresou no corpo superior de administradores civís, e en 2000 foi nomeada no segundo goberno de José María Aznar subdirectora xeral da Función Pública local. En 2004, coa chegada ao poder do PSOE incorporouse como subdirectora xeral de Axudas ás Vítimas do Terrorismo e de Atención Cidadá, onde permaneceu durante oito anos. En 2012 foi escollida por Jorge Fernández Díaz, o novo ministro do Interior, para a dirección xeral de Apoio ás Vítimas do Terrorismo, e ocupou o cargo até 2020. Despois pasou a traballar como subdirectora xeral no Concello de Madrid, na Escuela Madrid Talento.
Notas
Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1969 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alumnos da Universidade Pontificia Comillas