El Criterio Gallego foi un periódico editado en Pontevedra en 1893 e 1896.

Historia e características Subtitulado Diario católico de la mañana, apareceu a mediados de abril de 1893. Dirixido por Hipólito Codesido Sánchez. Publicación de tendencia carlista, trataba temas políticos. Entre os seus redactores figuraron Emilio Canda Adán, Carmelo Castiñeira Antelo e Eusebio Vence Calviño. O 18 de xullo de 1893 incluíu unha sección titulada "Hoja Literaria", dedicada a Rosalía de Castro, na que apareceron traballos en castelán, un poema de Filomena Dato Muruais e algúns versos da propia Rosalía. A partir de 1894 subtitulouse Diario Católico e publicou como folletín El Pórtico de la Gloria de Antonio López Ferreiro. Cesou a súa edición a principios de setembro de 1895.Gaceta de Galicia, 5-9-1895, p. 2. Volveu aparecer a principios de abril de 1896Diario de Pontevedra, 6-4-1896, p. 2 pero pechou definitivamente en outubro dese ano.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Ficha na Hemeroteca da Deputación de Pontevedra

Categoría:Prensa escrita de Pontevedra Categoría:Xornais de Galicia desaparecidos Categoría:1893 en Galicia Categoría:Prensa carlista