A sedoheptulosa 7-fosfato PubChem compound Sedoheptulose 7-phosphateCHEBI sedoheptulose 7-phosphate ou sedoheptulosa-7-fosfato é unha molécula do monosacárido sedoheptulosa fosforilada no carbono 7. Trátase dun azucre de sete carbonos (heptosa), cun grupo cetona no carbono 2 (é unha cetosa) e cun fosfato esterificado no carbono 7. No metabolismo actúa como intermediario da ruta da pentosa fosfato e nas plantas no ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese.

Na ruta da pentosa fosfato A sedoheptulosa 7-fosfato intervén na fase non oxidativa da ruta da pentosa fosfato. Orixínase na reacción entre a ribosa 5-fosfato e a xilulosa 5-fosfato catalizada polo encima transcetolase, que dá lugar a sedoheptulosa 7-fosfato e gliceraldehido 3-fosfato. ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato → gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato Despois, o gliceraldehido 3-fosfato e a sedoheptulosa 7-fosfato reaccionan formando frutosa 6-fosfato e eritrosa 4-fosfato, en reacción catalizada pola transaldolase. gliceraldehido 3-fosfato + sedoheptulosa 7-fosfato → frutosa 6-fosfato + eritrosa 4-fosfato

Na fotosíntese Na fase rexenerativa do ciclo de Calvin da fase escura da fotosíntese a sedoheptulosa 7-fosfato intervén nas seguintes reaccións A. Lehninger. Principios de Bioquímica. (1988). Omega. Páxinas 665. ISBN 84-282-0738-0.:

Orixínase a partir da sedoheptulosa 1,7-difosfato, que perde o fosfato do carbono 1 en reacción catalizada pola sedoheptulosa-1,7-bisfosfatase. sedoheptulosa 1,7-difosfato → sedoheptulosa 7-fosfato + Pi

Despois, a sedoheptulosa 7-fosfato formada reacciona co gliceraldehido nunha reacción similar á da ruta da pentosa fosfato, pero en dirección inversa. sedoheptulosa 7-fosfato + gliceraldehido 3-fosfato → ribosa 5-fosfato + xilulosa 5-fosfato

Notas

Véxase tamén Sedoheptulosa Sedoheptulosa 1,7-difosfato Heptosas

Categoría:Monosacáridos Categoría:Organofosfatos Categoría:Fotosíntese