O berro seco é o segundo álbum de estudio do grupo galego de música tradicional Milladoiro. Foi publicado en 1981, polo selo Ruada.

O disco foi gravado nos estudios Kyrios, en Madrid, entre o 27 de abril e o 7 de maio de 1981. Está inspirado na tradicional romaría de San Fins do Castro (parroquia de Cesullas, no concello Cabana de Bergantiños da provincia da Coruña) e consta de nove temas tradicionais galegos e un de composición propia. Concibido como un continuum de A Galicia de Maeloc (1979), incorpora sintetizadores e gaitas galega e irlandesa (uilleann pipe) xuntas por primeira vez.

Foi editado en CD en 1990, polo selo Doblón.

Lista de cancións

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do grupo Datos do álbum en galego21.net

Categoría:Álbums musicais de 1981 Categoría:Álbums de Milladoiro