Jaime de Sousa Guedes Pacheco, nado en Freixo de Espada à Cinta (Tras os Montes) en 1878 e finado en Vigo o 29 de abril de 1954,Necrolóxica en El Pueblo Gallego, 30-4-1954, p. 2. foi un fotógrafo galego.
Traxectoria Fillo de Lourenco Pacheco e Ana María Guedes, iniciouse na fotografía co seu irmán Xosé Pacheco en Ourense e formou unha sociedade cinematográfica con Xosé Gil en 1899, con quen realizou exhibicións en Celanova, Verín, Braga, Porto e Lisboa. En 1907 asociouse en Vigo co estudo fotográfico de Cándida Otero, viúva de Filippo Prosperi. Co falecemento desta en 1915, a galería Viuva de Prosperi-Pacheco pasou a ser propiedade exclusiva de Xaime. Foi colaborador gráfico de Faro de Vigo, ABC, Blanco y Negro, Vida Gallega e, principalmente, de El Pueblo Gallego. Tamén colaborou en Portfolio de Galicia. Especializouse en retratos de estudo de xente anónima e de persoeiros. O seu traballo caracterizouse polo emprego da fotografía como memoria social, especialmente da cidade de Vigo.
Colaborou na ilustración de obras como Catálogo de Vigo (1922)Catálogo de Vigo. Vigo a través de un siglo en Galiciana. e Vigo en 1927 (1928)Ficha de Vigo en 1927 en Galiciana., editadas por José Cao Moure. Logo do seu falecemento, os seus fillos Alberto e Xaime continuaron co mesmo labor no estudo fotográfico.
O seu traballo, realizado cun equipo de colaboradores, quedou recompilado no Arquivo Pacheco.
Vida persoal
Casou con María Avalle Lago e foi pai de Jaime e Alberto. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Recensión de Manuel Sendón e Xosé Luis Suárez Canal.
Categoría:Fotógrafos de Galicia Categoría:Fotoxornalistas Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1954 Categoría:Nados no distrito de Braganza Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes