A economía do Brasil é a 8ª do mundo e a máis grande de América Latina, tendo ultrapasado México o 2004. Responde por 3/5 da produción industrial da América do Sur.
Comercio exterior Os principais socios comerciais do Brasil son: Unión Europea, Estados Unidos, Arxentina e a República Popular da China.
Ver os principais produtos importados e exportados en 2006.
O Brasil é a 6ª economía mundial en tamaño segundo o Banco MundialFolha Online 18 de decembro de 2007, máis grande que Rusia, pero en Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) está só en 72° lugar.
O primeiro produto económico do Brasil foi o azucre durante o período colonial. Coa independencia, un novo ciclo económico xurdiu, agora co café. Ese momento foi fundamental para o desenvolvemento do estado de São Paulo, que acabou por converterse o máis rico do país.
A pesar de ter, ao longo da década dos 90, unha mellora na produción de bens agrícolas, o que converteu ao Brasil no líder mundial en diversos produtos, coa reformas introducidas polo goberno federal, as exportacións brasileiras diversificáronse, cunha enorme inclusión de bens de alto valor agregado, como xoias, avións, automóbiles e pezas de roupa.
Actualmente o país está entre os 20 principais exportadores do mundo, co US$ 96 mil millóns vendidos, entre produtos e servizos, a outros países en 2004. En poucos anos esperase que o Brasil estea entre as principais plataformas de exportación do mundo.
Moeda As primeiras moedas cuñadas no Brasil entraron en circulación nos anos de 1645, 1646 e 1654. Os neerlandeses, que controlaban Pernambuco, fixeron as moedas para o pagamento dos seus soldados .
A Casa da Moeda do Brasil produce unha media de 2400 millóns de billetes e 1500 millóns de moedas por ano . A primeira sede da institución estaba na Praza da República, no centro do Río de Xaneiro. Actualmente, a fábrica da Casa da Moeda fica no barrio de Santa Cruz, tamén no Río.
Notas
Brasil