miniatura|100px|dereita|Imaxe do escudo nunha moeda de prata de Djuradj II, contra 1400.

O Principado de Zeta (en serbio Кнежевина Зета, en montenegrino cirílico Зета, en monternegrino latino Zeta) foi un principado medieval, establecido en 1360 e extinguido en 1421, cuxo territorio abarcaba aproximadamente o actual Montenegro. Debe o seu nome ao río Zeta.

A súa primeira aparición foi como estado vasalo de Rascia, onde gobernaban os herdeiros ao trono da dinastía serbia dos Nemanjić. O seu fundador, Estevo Nemanja, converteuse en Gran Zupan de Rascia, unificando todas as tribos serbias, e o feudo de Zeta pasou a depender da segunda liña de sucesión ao trono, como vasalo do Reino de Serbia.

Zeta converteuse nun feudo independente en 1356, durante a desintegración gradual do Imperio Serbio que seguiu á morte do tsar Estevo Uroš IV Dušan Nemanjić (Dušan o Poderoso) en 1355. A partir de 1421 integrouse no Despotado de Serbia.

A finais do século XV Zeta comezou a ser máis coñecido como Montenegro, a partir de "Montaña negra" en lingua véneta. Despois da súa época no Despotado foi sucedido polo Principado teocrático de Montenegro e despois polo dominio (máis ben teórico) do Imperio Otomán.

Historia

Zeta no estado de Rascia

Entre 1276 e 1309, Zeta foi gobernada pola raíña Helena de Anjou, viúva do rei de Serbia Uroš I, que restaurou ao redor de 50 mosteiros na rexión, especialmente na zona do río Bojana.

O nome de Crna Gora (Montenegro) foi formalmente mencionado por primeira vez en 1296, nunha carta do mosteiro de San Nicolao en Vranjina. Esta carta publicouna o rei serbio Uroš II, que era o fillo máis novo de Uros I e Helena. Crna Gora (Montenegro) debía entenderse como a rexión da serra baixo o monte Lovćen, dentro dos límites de Zeta. miniatura|dereita|200px|Estevo Nemanja, Gran Príncipe de Serbia (1166–1196). miniatura|200px|Os Estados dos Balcáns centrais (incluíndo o Principado de Zeta da Casa dos Balšić) no século XIV. miniatura|200px|Zeta entre 1372 e 1378. miniatura|200px|A Alta e a Baixa Zeta no século XV. A principios do século XIV, durante o reinado do rei Milutin de Serbia, o arcebispado de Bar era o señor feudal máis importante de Zeta.

Despois da morte do tsar Dušan en 1355, o Estado serbio comezou a desmembrarse e as súas posesións repartíronse entre o príncipe Lazar Hrebeljanović (1353-1391), o Estado bosníaco do Ban Tvrtko I e un semi independente estado de Zeta baixo a dinastía dos Balsas (Balšićs), cuxo fundador Balša I chegou ao poder en 1356.Montenegro.org. Zeta (Duklja) under the second Montenegrin dynasty, the Balsic (1356-1427). Consultada o 24/1/2012.

Dinastía dos Balsa

A época máis próspera e poderosa da historia de Serbia chegou ao seu fin coa morte do tsar Dušan en 1355. Aproveitando a oportunidade, a dinastía líder en Zeta, os Balšićs (Balsa), reafirmou a autonomía da rexión en 1356.Montenet. Balsics' Rule (1356-1427). Consultada o 24/1/2012. O primeiro documento escrito en relación coa Casa dos Balšić está na Táboa dos Uros expedida á República de Dubrovnik en 1360.

Gobernantes da dinastía dos Balsa Balša I (1356–1362) Djuradj I (1362–1378) Balša II (1378–1385) Djuradj II (1386–1403) Balša III (1403–1421)

O Despotado de Serbia

En 1421, antes da súa morte e baixo a influencia da súa nai, Jelena, Balsa III transferiu a soberanía de Zeta ao Despotado de Serbia, gobernado por Stefan Lazarević.D. Zivkovic, Istorija Crnogorskog Naroda, Cetinje, 1989. Este loitou contra os venecianos e recuperou Bar a mediados de 1423, e ao ano seguinte enviou ao seu sobriño Djuradj Branković, que recuperou Drivast e Ulcinj (Ulcinium).

En 1427, morreu o déspota serbio Estevo, e o trono herdouno o seu sobriño Djuradj Branković, que tivo que enfrontarse á grave ameaza que significaba o Imperio Otomán e non puido prestar especial atención a Zeta.

Dinastía Crnojević

A dinastía Crnojević comezou con dous irmáns, Djuradj e Aleksa Djurašević-Crnojević, da zona dos arredores do Monte Lovćen. Pero o papel máis importante no seu establecemento como gobernantes desta familia en Zeta foron Estevo I Crnojević (1451-1465) e o seu fillo Iván I Crnojević (1465-1490). O fillo de Iván, Djuradj IV Crnojević (1490-1496) foi o último gobernante desta dinastía.

Co comezo da casa Crnojević como gobernantes, Zeta comezou a ser mencionado comunmente como Crna Gora (Montenegro). A Djuradj IV correspondeulle o enfrontamento máis belicoso co Imperio Otomán e, neste contexto, acusado polos otománs de encabezar unha guerra santa contra o islam foi enviado preso a Istanbul, onde se perdeu o rastro en 1503.Montenet. Crnojevic Rule. CXonsultada o 24/1/2012.

Fin do Principado

Despois da desaparición de Djuradj Crnojević, Zeta foi gobernada polo seu irmán Estevo II Crnojević como vasalo do Imperio Otomán. A finais do século XV o goberno de Estevo marcou o final da Casa de Crnojević. Na nova división administrativa dos Balcáns, Zeta era unha parte do Sanjak de İşkodra (Escútari) desde 1499 até 1514.

O Principado de Zeta desapareceu oficialmente cando se converteu en Estado teocrático polos Bispos-Príncipes (Vladikas) de Cetinje (Montenegro), que se fixeron cargo do mesmo en 1516. A partir de entón Zeta foi coñecida como Montenegro.

Os otománs controlaban unha parte desde 1498, coñecida como Sanjak de Montenegro, a República de Venecia controlaba Kotor e a teocracia gobernaba o resto de Montenegro (a chamada Alta Zeta).

Notas

Véxase tamén Bibliografía Bartl, Peter (2004): "Zeta", in Lexikon zur Geschichte Südosteuropas. ISBN 3-205-77193-1 Ćirković, Sima (1998): "Zeta", in Lexikon des Mittelalters, Band 9. ISBN 3-89659-909-7 Jovanović, J. (1947): Stvaranje Crnogorske Države i Razvoj Crnogorske Nacionalnosti. Cetinje, páxs. 18, 28, 36, 43 e 54-55. Truhart, Peter (1986): Regents of Nations, Part III/1. ISBN 3-598-10515-0 Živković, D. (1989): Istorija Crnogorskog Naroda. Cetinje. Dr Željko Fajfrić - Sveta loza Stefana Nemanje, 1998 (en serbio) [ en construción] Consultada o 24/1/2012.

Outros artigos Historia de Montenegro Historia de Serbia Historia dos eslavos do sur

Categoría:Estados desaparecidos de Europa Historia de Montenegro Historia de Serbia Zeta