miniatura|Parágrafos identados amosados na Constitución dos Estados Unidos de América. Na escrita, un parágrafo é unha unidade organizativa do texto que serve para indicar como se agrupan as ideas principais. Características

En lingüística textual, os parágrafos trátanse como indicadores da macro-estrutura dun texto. Agrupan oracións que van xuntas, normalmente porque tratan do mesmo tema. Así, un parágrafo novo indica unha mudanza de tema ou sub-tema.

En tipografía, un parágrafo é un bloque de texto. Os parágrafos sepáranse entre si mediante unha liña en branco e a súa primeira liña vai normalmente indentada (máis separada da marxe). Esta última convención non é frecuente nas páxinas web. Os símbolos de parágrafo son § e ¶. Estes símbolos utilizábanse na Idade Media para separar temas cando aínda non se establecera a convención de separalos en parágrafos. Notas

Véxase tamén Outros artigos Esquema (discurso) Lingüística textual Análise do discurso

Categoría:Lingüística