Romualdo Acevedo Rivero, nado en Villaviciosa en 1847 e finado en Lugo o 21 de decembro de 1902Necrolóxica en La Idea Moderna, 23-12-1902, p. 3., foi un avogado, xornalista e escritor galego.

Traxectoria Fillo do médico galego Agustín María Acevedo, director de baños minerais, estudou o bacharelato en Oviedo. Aos catorce anos retornou a Galicia, e estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, licenciándose en 1867.

En Compostela publicou o seu primeiro traballo na revista El Eco Escolar. Trasladouse a Lugo, colaborou en Revista de España e fundou e dirixiu en Lugo La Idea Moderna.Reboredo Pazos (2023), p.144 Publicou estudos literarios en El Diario de Lugo, algúns asinados co pseudónimo Amorodul.

Foi concelleiro de Lugo dende 1886, e foi o alcalde interino nalgunhas ocasións.

Obra "Historia de Ribadeo: datos históricos de la fundación de la villa de Ribadeo" e "La villa y puerto de Ribadeo", en Álbum histórico, científico y literario de Galicia (1887) Miscelánea literaria (Lugo, 1892) Un lance (Lugo, 1901; xénero folletinesco) De La Coruña a La Habana. Viaje del Batallón de Zamora (Lugo, 1901)

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas José Luis Pérez de Castro, Gran Enciclopedia Asturiana, t. 15, Gijón, 1981

Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Alcaldes de Lugo Categoría:Nados en Villaviciosa, Asturias Categoría:Nados en 1847 Categoría:Finados en 1902 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos