A bandeira da República do Congo foi orixinalmente adoptada o 18 de agosto de 1958.

Foi abandonada en 1970 trala proclamación da República Popular do Congo, e volta a adoptar o 10 de xuño de 1991.

As cores son as tradicionais do panafricanismo e proveñen da bandeira de Etiopía: o vermello significa a loita pola liberdade, o verde representa a natureza do país e o amarelo simboliza a riqueza da natureza.

A República Popular do Congo (1970-1992) adoptara unha bandeira vermella co emblema da República Popular no cantón, inspirada na bandeira da Unión Soviética.

Bandeiras históricas

Véxase tamén Ligazóns externas Bandeira de Congo en Flags of the World

Categoría:Bandeiras de estados soberanos Categoría:Símbolos da República do Congo Categoría:Bandeiras nacionais Categoría:Bandeiras introducidas en 1991