Granat, tamén coñecido como Astron 2, foi un observatorio espacial soviético con colaboración francesa, polaca e danesa lanzado o 1 de decembro de 1989 mediante un foguete Proton K/D-1 desde o cosmódromo de Baikonur.

Características Granat estaba adicado a facer observacións astronómicas en raios X e raios gamma. Tiña 4 metros de longo e medía 2,5 metros de diámetro. A alimentación eléctrica viña proporcionada por dous paneis solares que se estendían ós lados do corpo principal.

Granat reentrou na atmosfera o 25 de maio de 1999.

Instrumentos O instrumento principal era o telescopio Sigma de raios gamma, de 3,5 metros de longo e 1,2 metros de diámetro, cun campo de visión de 4,45x4,20 graos. O observatorio levaba ademais un espectroscopio e un telescopio de raios X.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Astron

Categoría:Satélites artificiais