miniatura|Articulación do xeonllo onde se poden observar dúas bolsas sinoviais, unha superior e outra inferior á rótula. Unha bolsa sinovial ou Bursa (nome científico) Do latín bursa, "bolsa". é un saco cheo de fluído e revestido pola membrana sinovial, cunha capa capilar interior de fluído viscoso (similar á clara dun ovo).

Esta bolsa proporciona un coxín entre os ósos, tendóns e/ou músculos ao redor dunha articulación.Bursa. General Practice Notebook Consultada o 28/1/2012. Isto axuda a reducir calquera fricción entre os ósos permitindo libre mobilidade.

As bursae están cheas de fluído sinovial e encóntranse ao redor de case todas as principais articulacións do corpo. Cando inflaman, a afección denomínase bursite. As bolsas sinoviais poden ter que ser extirpadas debido a unha bursite crónica ou a unha infección, proceso que se denomina bursectomía.

O número de bolsas sinoviais no cuerpo humano pode superar as mil; porén, a maioría delas non son constantes. Algunhas, as principais ou constantes, adoitan recibir o seu nome particular de acordo coa súa situación, por exemplo; subacromial, rotuliana, olecraniana etc.Bolsa Sinovial. Diagnostico Médico Consultada o 28/1/2012.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Bursite

Ligazóns externas Imaxe

Categoría:Articulacións