O distrito de Rakai é un dos distritos da Rexión Central de Uganda, nomeado así pola súa poboación capital, Rakai.
Limita co distrito de Lyantonde polo noroeste, co distrito de Lwengo polo norte, co distrito de Masaka polo nordeste, co distrito de Kalangala polo leste, coa rexión de Kagera da República de Tanzania polo sur, co distrito de Isingiro polo suroeste e co distrito de Kiruhura novamente polo noroeste. Ten unha área total de 4.124 km2. Segundo o censo do ano 2002 tiña unha poboación de 404.326 persoas. A agricultura e a gandaría son as principais bases económicas do distrito.
Cabe destacar o comercio existente pola súa proximidade a Bukoba, cidade de Tanzania, mais tamén, o ser o distrito con máis casos de VIH, que é un mal estendido por toda Uganda, pero particularmente afecta fortemente esta área.Ugandeses loitan contra a sida, BBC News, 29 de xuño de 2004 No 2007, a parte norte do distrito coñecida como Kabula separouse deste para formar o Distrito Lyantonde.
O distrito subdivídese nas seguintes unidades administrativas:
Kakuuto Kooki Kyotera Rakai Kyotera Kalisizo
Notas
Véxase tamén Páxina oficial do Distrito Hospitais en Rakai
Rakai