Todos estamos invitados é un filme español dirixido por Manuel Gutiérrez Aragón que se estreou no 2008. Trata sobre a situación política de Euskadi durante os anos 90.

Sinopse Tras tentar saltar un control da Garda Civil por incendiar un camión, Josu Jon (Óscar Jaenada) recibe un forte golpe na cabeza, perdendo a memoria. Entón é ingresado nun hospital penitenciario agardando á decisión do xuíz. Josu Jon non sabe ben quen é, e as monxas do hospital ensínanlle a rezar e a ser un bo cristián, mentres que os seus vellos compañeiros lle axudan a lembrar que el é un etarra, e que axiña poderá reincorporarse á organización.

Paralelamente, un profesor de universidade, Xabier (José Coronado), é ameazado polas súas opinións acerca da banda e dos seus atentados. Xabier mantén unha relación cunha alumna italiana, Francesca (Vanessa Incontrada), que á súa vez traballa como psicóloga no centro psiquiátrico onde se atopa Josu Jon.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes en lingua éuscara Categoría:Filmes de España Categoría:Filmes sobre ETA Categoría:Filmes dirixidos por Manuel Gutiérrez Aragón Categoría:Filmes ambientados no País Vasco