La Cenerentola, ossia la bonta in trionfo (en galego, Cincenta, ou a bondade triunfante) é unha ópera buffa en dous actos con música de Gioachino Rossini e libreto en italiano de Jacopo Ferretti, baseado no conto de fadas Cincenta. A ópera foi estreada no Teatro Valle de Roma o 25 de xaneiro de 1817.

Rossini compuxo esta ópera con 25 anos, tralo éxito de Il barbiere di Siviglia o ano anterior. Considérase que La Cenerentola, composta por Rossini nun período de tres semanas, contén algunhas das súas mellores composición para voz a solo e conxuntos. Rossini aforrou algo de tempo reempregando unha abertura de La gazzetta e parte dun aria de Il barbiere di Siviglia e facéndose cun colaborador, Luca Agolini, quen escribiu os recitativos secco e tres números ("Vasto teatro è il mondo" de Alidoro, "Sventurata!" de Clorida e o coro "Ah, della bella incognita.") A edición facsímile do autógrafo ten un aria diferente para Alidoro, "Fa' silenzio, odo un rumore"; isto parece que foi engadido por unha man anónima para unha produción de 1818. Para unha reposición no ano 1820 en Roma, Rossini escribiu un remprazo de bravura, "La, del ciel nell'arcano profondo". A abertura lixeira e enérxica quedou no repertorio estándar dende a súa estrea como La Cenerentola.

La Cenerentola represéntase con frecuencia, aparecendo nas estatísticas de Operabase no posto 29, sendo a 18.ª en Italia e a segunda de Rossini, por detrás de Il barbiere di Siviglia.

Personaxes Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 25 de xaneiro de 1817Director: Gioachino Rossini Don Magnifico (Barón de Montefiascone) baixo buffo Andrea Verni Angelina, La Cenerentola (fillastra de Don Magnifico) mezzosoprano / contralto Geltrude Righetti Don Ramiro (Príncipe de Salerno) tenor lírico Giacomo Guglielmi Dandini (secretario de Don Ramiro) barítono Giuseppe De Begnis Alidoro (filósofo, preceptor de Don Ramiro) baixo Zenobio Vitarelli Clorinda (filla de Don Magnifico) soprano Caterina Rossi Tisbe (filla de Don Magnifico) mezzosoprano Teresa Mariani Servidume do pazo de Don Ramiro.

Notas

Véxase tamén

Cenerentola Cenerentola Categoría:Óperas estreadas en Roma Categoría:Óperas de 1817