Pablo Infante Muñoz, nado en Burgos o 20 de marzo de 1980, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e o seu equipo actual é a SD Ponferradina da Segunda División de España.

Traxectoria A tempada 2011–12 estivo chea de éxitos tanto para el coma para o seu equipo. O CD Mirandés proclamouse campión do seu grupo da Segunda División B e conseguiu o ascenso á Segunda División tras derrotar no play-off ao Atlético Baleares. Ademais, o equipo foi quen de alcanzar as semifinais da Copa do Rei, onde foi finalmente derrotado polo Athletic de Bilbao, e Pablo Infante erixiuse como máximo goleador da competición cun total de sete dianas.

Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en futbolme.com

Categoría:Nados en 1980 Categoría:Nados en Burgos Categoría:Futbolistas de Castela e León Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Arandina CF Categoría:Xogadores do CD Mirandés Categoría:Xogadores da SD Ponferradina