Lost in Translation é un filme dirixido por Sofia Coppola que se estreou no 2003. É o seu segundo filme dirixido despois de The Virgin Suicides (1999) e está protagonizado por Bill Murray e Scarlett Johansson.
Sinopse Bob Harris, un actor norteamericano en decadencia, acepta unha oferta para facer un anuncio de whisky xaponés en Tokyo. Está atravesando unha aguda crise e pasa gran parte do tempo libre no bar do hotel. Precisamente alí, coñece a Charlotte, unha rapaza casada cun fotógrafo que foi a Tokyo a facer unha reportaxe; pero mentres el traballa, a súa muller abúrrese mortalmente. Ademais do abraiados que quedan coas imaxes e os sons da inmensa cidade, Bob e Charlotte comparten tamén o baleiro das súas vidas. Pouco a pouco fanse amigos e, a medida que exploran a cidade xuntos, comezan a preguntarse se a súa amizade podería transformarse en algo máis.
Personaxes Bill Murray como Bob Harris Scarlett Johansson como Charlotte Giovanni Ribisi como John Anna Faris como Kelly Fumihiro Hayashi como Charlie Brown Akiko Takeshita como Ms. Kawasaki François Du Bois como o Pianista Takashi Fujii como O presentador de televisión, Matthew Minami Hiromix como Ela mesma
Galardóns e nomeamentos 2003: Oscar: Mellor guión orixinal. 4 nomeamentos. 2003: Globos de Ouro: Mellor filme comedia ou musical, actor, guión. 5 nomeamentos. 2003: 3 premios BAFTA: Mellor montaxe, actor, actriz. 8 nomeamentos. 2003: Premio Cesar: Mellor filme estranxeiro. 2003: Nomeado ó David de Donatello: Mellor filme estranxeiro. 2003: Premio Especial National Board of Review: Sofia Coppola. 2003: Círculo de críticos de Nova York: Mellor actor (Bill Murray), director (Sofia Coppola). 2003: Asociación de Críticos d'Os Ánxeles: Mellor actor (Bill Murray).
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Sofia Coppola Categoría:Filmes de American Zoetrope Categoría:Gañadores do premio César Categoría:Filmes de Focus Features Categoría:Filmes rodados en Tokyo Categoría:Filmes rodados no Xapón Categoría:Filmes ambientados en Tokyo Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Globo de Ouro á mellor película - Comedia ou musical