miniatura|dereita|Placa na rúa Alonso Paz Emilio Deogracias Alonso Paz, nado en Cartimil (Silleda) en 1878 e finado en Monte Porreiro (Pontevedra) o 16 de marzo de 1937, foi un político galego, alcalde de Silleda nos anos da II República Española.

Traxectoria Curmán de Antón Alonso Ríos, foi un dirixente agrarista. Concelleiro de Silleda en 1931, foi elixido alcalde en 1932 e dimitiu en 1934. Militante de Izquierda Republicana, en 1936 foi reposto como alcalde. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu a Portugal, pero foi delatado, apresado e entregado ás autoridades franquistas, que o internaron na illa de San Simón. Xulgado en consello de guerra, foi condenado á pena de morte e fusilado en Monte Porreiro en marzo de 1937.

Recoñecementos A finais da década de 1990 a corporación municipal de Silleda decidiu poñerlle o seu nome a unha das rúas da vila de Silleda. En 2007, coincidindo co 70 aniversario do seu fusilamento, a asociación socio-cultural Adellís e a Comisión pola Memoria Siñor Afranio organizaron un acto na súa lembranza na rúa que leva o seu nome.

Notas

Categoría:Alcaldes de Silleda Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Alcaldes de Galicia por Izquierda Republicana Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Silleda Categoría:Nados en 1878 Categoría:Finados en 1937