Carlos de Arce Robledo, nado en Chantada o 3 de febreiro de 1932 e finado o 17 de decembro de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria Instalouse en Madrid onde traballou como xornalista: foi secretario de dirección do Semanario Sipe, redactor da revista Rumbos, e correspondente do diario Pueblo. En 1953 publicou o seu primeiro libro La nieta del duque. Estableceuse en Barcelona onde apareceu a maior parte da súa obra, ás veces asinando co pseudónimo Paul Reader. Foi finalista dos Premios Nadal, Ciudad de Barcelona e Elisenda de Moncada.

Obras La nieta del duque, 1953. Camino de Leganés, 1953 (farsa musical). La ciudad desierta, 1958 (novela). Ramassage, 1961 (novela). Los Desgajados, 1961 (novela). Exploraciones famosas, 1961 (asinada como Paul Reader). Tribunal de la muerte, 1963 (ensayo). Lacras Sociales, 1967 (asinada como Paul Reader). Biografía de las pasiones, 1967 (asinada como Paul Reader). Por Europa en Auto Stop, 1968. Donde el amor cambia de nombre, 1969 (novela). La borrachera de los olvidados, 1971 (novela). El insaciable Eros, 1971 (ensayo). Grandeza y servidumbre de 20 Premios Planeta, 1972 (antología). Eros Blanco, 1976. Concierto para un silencio, 1976 (novela). Los generales de Franco, 1984. El Caminante, 1991

Véxase tamén Ligazóns externas Obituario en El País

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría: Xornalistas de Chantada Categoría: Nados en Chantada Categoría: Nados en 1932 Categoría: Finados en 2006 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes