miniatura|250px|Exposición Internacional de Zaragoza. A Exposición Internacional de Zaragoza foi unha exposición internacional recoñecida que se celebrou en Zaragoza (España) desde o 14 de xuño ao 14 de setembro de 2008 e cuxo eixo temático foi «Auga e desenvolvemento sostible». A localización do recinto da Exposición formou parte da mesma: na ribeira do meandro de Ranillas, unha curva que o río Ebro fai ao seu paso pola cidade.

A Expo 2008 foi regulada pola Oficina Internacional de Exposicións (organización responsable de asignar as Exposicións). Zaragoza impúxose a outras cidades candidatas para ser sede dunha Exposición Internacional en 2008, como Tesalónica (Grecia) e Trieste (Italia), o 16 de decembro de 2004.

Zaragoza tamén conmemorou en 2008 o bicentenario dos Sitios de Zaragoza da Guerra da Independencia contra a invasión napoleónica (1808) e o centenario da Exposición Hispano-Francesa de 1908 que supuxo un salto cualitativo de modernidade na cidade.

A mascota da Expo 2008 foi unha pinga de auga. A mascota chámase Fluvi, acrónimo de flumen vitae (en latín, "río da vida").

Véxase tamén

Ligazóns externas

Sitio web oficial Sitio web oficial do parque empresarial post-Expo Blog oficial de Expo Zaragoza 2008

Categoría:Zaragoza Zaragoza Categoría:Historia de Aragón Categoría:Exposicións en España Categoría:2008