O colexio público Gregorio Sanz é un centro de educación primaria de Ribadeo. Inaugurado no 1973 baixo a dirección de Antonio Martínez López, dende 1994, por iniciativa da alcaldía e votación en pleno, debe o seu nome ó mestre e pedagogo Gregorio Sanz. Características

Nel o alumnado pode cursar dende educación preescolar ata o 6º curso de educación primaria. En 2005 e cursos sucesivos rondaba os 400 alumnos e alumnas e 20 profesores e profesoras, despois dunha diminución suave pero persistente debido á baixa natalidade.

A construción ten un edificio principal con aulas, un edificio adxacente administrativo, un ximnasio e unha pista cuberta, así como abundante extensión de terreo circundante e outros servizos menores, como parque infantil e un comedor na planta baixa.

Está situado en fronte do IES Porta da Auga e do campo de fútbol.

Ten xornada partida. No 2014 propúxose cambiar a xornada continua, pero non foi aprobado. No curso 2018/2019 volveuse a propoñer.

Notas

Gregorio Sanz Categoría:Ribadeo Categoría:Ribadeo sen imaxes