Austur-Barðastrandarsýsla é un dos vinte e tres condados de Islandia. Atópase no noroeste de Islandia.

Xeografía O condado de Austur-Barðastrandarsýsla está situado no noroeste do país, na península máis grande da illa, na rexión de Vestfirðir. Limita cos condados de Strandasýsla ao leste, Vestur-Barðastrandarsýsla ao oeste e polos condados de Norður-Ísafjarðarsýsla e Vestur-Ísafjarðarsýsla. A súa superficie abrangue unha extensión de 1.074 quilómetros cadrados. A altitude media do condado é de 483 metros. Ao igual que os demais condados de Islandia emprega o fuso horario Atlantic/Reykjavik.

Demografía Neste condado viven unicamente oitenta e dúas persoas para unha extensión de 1.074 quilómetros cadrados, polo que a súa dendidade de poboación e de 0,07 habitantes por quilómetro cadrado.

Municipios Austur-Barðastrandarsýsla comprende un único municipio xurdido da unión doutros catro (entre parénteses):

Reykhólahreppur (Geiradalshreppur) (Gufudalshreppur) (Múlahreppur) (Flateyjarhreppur)

Localidades Austur-Barðastrandarsýsla comprende as seguintes localidades:

Localidade Altitude (pés) Poboación Eyri 426 15 Flatey (habitado durante un pequeno lapso por ano) 0 0 Garpsdalur 3 15 Gufudalur 511 14 Kirkjuból 0 9 Reykhólar 16 8 Skálmarnesmúli 610 6 Staður 196 6 Vattarnes 0 12 Verzlunarstaður 0 7

Categoría:Condados de Islandia