thumb|Estevo I de Hungría, santo Estevo é un nome de home na súa variedade galega. Provén da palabra grega Στέφανος (Stéfanos), que en grego antigo significa 'coroado'). A partir da cristianización, o seu uso relaciónase menos coa súa orixe grega e máis cos santos e papas que levaron este nome. Emprégase como prenome en todo o mundo, o seu santoral é o 26 de decembro.

A súa mención pódese referir a:

Estevo de Bizancio, lexicógrafo grego do século VI e autor da Ethnica.

En xaneiro de 2023 existían 20 varóns en Galicia co nome Estevo, cunha media de idade de 20,5 anos.Nome Estevo na Web do Instituto Galego de Estatística

Santoral Santo Estevo, protomártir da Igrexa católica. Santo Estevo I, santo e rei de Hungría.

Variantes noutras linguas

Albanés: Shtjefën, Stefan. Alemán: Stefan Árabe: (إصتفان, ستيف, ستيفن) Istfan. Aragonés: Isteva, EstevanEDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. Armenio: Ստեփանոս, Ստեփան (Stepanos, Stepan). Asturiano: Estébanu Bretón: Stefan Búlgaro: Стефан (Stefan) Catalán: Esteve Checo: Štěpán, Štefan Chinés: 史提芬, 史蒂芬, 史地芬, 斯德望, 斯蒂芬- Corso: Stefanu. Croata: Stjepan. Danés: Stefan. Escocés: Stìobhan, Stìophan, Stèaphan. Eslovaco: Štefan Esloveno: Štefan Español: Esteban Esperanto: Stefano Etíope: Esţifanos Éuscaro: Estepan, Ixtebe, Extiban Finés: Tapani, Stefanus. Francés: Étienne, Stéphane. Xeorxiano: სტეფანე (Stephane). Grego: Στέφανος (Stephanos, Stefanos). Hebreo: סטיבן Holandés: Stefan, Stefaan, Stephanus. Húngaro: István Inglés: Stephen, Steven, Steve Irlandés: Stíofán Islandés: Stefán Italiano: Stefano Latín: Stephanus Letón: Stefans. Lituano: Steponas, Stepas Macedonio: Стефан, Стеван, Стево, Стефче (Stefan, Stevan, Stevo, Stefche). Malaiala (Malabar): Stephanose Maltés: Stiefnu Noruegués: Stefan Polaco: Stefan, Szczepan Portugués: Estêvão Romanés: Ştefan Ruso: Степан (Stepan) Sardo: Stèvini Serbio: Стефан, Стеван, Степан, Шћепан, Стијепо, Стево (Stefan, Stevan, Stepan, Šćepan, Stijeno, Stevo). Sueco: Stefan, Staffan, Stephan, Steffo. Turco: İstefanos

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de nomes masculinos en galego Lista de nomes masculinos galegos máis comúns Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes masculinos Real Academia Galega

Categoría:Nomes masculinos de orixe grega Categoría:Nomes masculinos galegos