HESSI, acrónimo de High Energy Solar Spectroscopic Imager, tamén coñecido como Explorer 81, e rebautizado tralo lanzamento como Reuven Ramaty High Energy Solar Spectroscopic Imager (RHESSI) en honor do astrónomo Reuven Ramaty, é un observatorio espacial da NASA lanzado o 5 de febreiro de 2002 mediante un foguete Pegasus desde Cabo Cañaveral.
Características A misión de RHESSI é facer observacións en alta resolución do Sol en raios X e raios gamma, no rango entre 3 keV e 20 MeV, cunha resolución enerxética de 1 keV e unha resolución espacial de 1 segundo de arco. Mide 2,2 metros de alto por 1,1 metros de ancho e ten unha memoria de 4 Gbytes. A velocidade de transmisión de datos é de 3,5 Mbit/s.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina de HESSI
Categoría:Programa Explorer