O péptido natriurético cerebral (BNP), tamén chamado péptido natriurético de tipo B, é un polipéptido con función hormonal de 32 aminoácidos segregado polos ventrículos do corazón en resposta a un excesivo estiramento das células musculares do corazón. O BNP recibe o nome de "cerebral" porque foi inicialmente identificado en extractos de cerebro porcino, aínda que nos humanos se produce principalmente nos ventrículos do corazón.
O BNP segrégase conxuntamente cun fragmento peptídico N-terminal de 76 aminoácidos chamado NT-proBNP, que é bioloxicamente inactivo. O BNP únese e activa os receptores A do péptido natriurético auricular (NPRA), e en menor medida aos receptores B do péptido natriurético auricular (NPRB), dun modo similar a como o fai o péptido natriurético auricular (ANP), pero cunha afinidade 10 veces menor. Porén, a vida media do BNP é dúas veces máis longa ca a do ANP, e a do NT-proBNP é aínda máis longa, o que fai destes péptidos unhas dianas mellores para o diagnóstico por medio de análises de sangue ca o ANP. A vida media do NT-proBNP é de 1 a 2 horas e a do BNP é de 20 minutos.
As accións fisiolóxicas do BNP son similares ás do ANP e consisten en facer diminuír a resistencia vascular sistémica e a presión venosa central, e en incrementar a natriurese (sodio na urina). Deste modo, o efecto neto do BNP e ANP é a diminución do volume sanguíneo e do gasto cardíaco.
Importancia clínica Os niveis sanguíneos de BNP e NT-proBNP utilízanse para a detección e diagnóstico da insuficiencia cardíaca conxestiva e poden ser útiles para establecer o prognóstico do curso da enfermidade; ambos os marcadores están marcadamente elevados nos pacientes con peor prognóstico. As concentracións plasmáticas de BNP e NT-proBNP están tamén elevados en pacientes con fallo ventricular esquerdo sintomático ou asintomático.
BNP > 100 pg por mililitro sensibilidade = 90% especificidade = 76%
BNP > 50 pg por mililitro sensibilidade = 97% especificidade = 62% Para pacientes con insuficiencia cardíaca conxestiva os valores de BNP están normalmente por riba de 100 pg/ml. Unha interpretación máis conservadora dos niveis de BNP é que os valores normais están por debaixo de 50 pg/ml, para atinxir unha sensibilidade adecuada. Hai un rango de valores, xeralmente definido entre 100 e 500 pg/ml, no cal as probas non se consideran concluíntes, pero os niveis por riba de 500 pg/ml son xeralmente considerados como positivos. Bhalla et al. indicaron que o BNP é moi importante no prognóstico de pacientes diabéticos. Ademais, o BNP é importante no prognóstico de pacientes de cirurxía cardíaca e en urxencias hospitalarias. Bhalla et al. mostraron que a combinación do BNP con outras ferramentas como a cardiografía de impedancia (ICG) pode mellorar o diagnóstico temperán da insuficiencia cardíaca e adiantar as medidas de prevención. A utilidade do BNP tamén foi explorada en casos de preeclampsia, coidados intensivos e enfermidade renal crónica (ESRD)..
O efecto da raza ou o xénero sobre o valor do BNP foi tamén moi estudado.
+ Niveis de NT-proBNP (en pg/mL) por clase funcional da clasificación da New York Heart association (NYHA) NYHA I NYHA II NYHA III NYHA IV 5º percentil 33 103 126 148 Media 1015 1666 3029 3465 95º percentil 3410 6567 10,449 12,188
O BNP é eliminado ao unirse aos receptores NPR e á endopeptidase neutra (NEP). Menos do 5% do BNP elimínase nos riles. O NTproBNP é a molécula inactiva resultante do corte da prohormona pro-BNP e só se excreta nos riles.
Rangos de referencia para análises de sangue para o BNP Tipo de paciente Límite inferior Límite superior Unidade Machos 45-54 anos 4Saint Francis Hospital Laboratory > BNP reference range change Jay Hupp & Dr. Michel S. Medawar. Effective November, 2002 40 pg/mL 55-64 anos 5 52 65-74 anos 7 67 75-83 anos 9 86 Femias 45-54 anos 8 73 55-64 anos 10 93 65-74 anos 13 120 75-83 anos 16 155
Cando se interpretan os niveis elevados de BNP, hai que ter presente que os valores poden estar elevados debido a outros factores distintos da insuficiencia cardíaca. En pacientes obesos vense con frecuencia niveis máis baixos. En pacientes con enfermidades renais vense niveis máis altos en ausencia de insuficiencia cardíaca.
O BNP é tamén unha das razóns polas que a xente sente a necesidade de ouriñar despois de meterse nunha piscina. O incremento da presión sobre o corpo exercida pola auga leva máis fluídos á circulación sistémica. O ventrículo esquerdo, e en menor medida a aurícula esquerda, segregan o BNP como resposta. O efecto natriurético do BNP leva a incrementar a produción de urina.Diagnostic Pearls in Cardiorespiratory Disease. CVMA Yosemite Conference 2010. Bruce Keene, DVM, MSc, DACVIM (Cardiology)
Medida e estandarización O BNP e o NT-proBNP mídense por inmunoensaio. O BNP está estandarizado pero o NT-proBNP aínda non o está.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Péptido natriurético auricular Péptido natriurético de tipo C
Bibliografía
Ligazóns externas MeshName - Brain+Natriuretic+Peptide
Categoría:Hormonas