O Racing Club, tamén coñecido como Racing de Avellaneda, é unha entidade polideportiva arxentina da cidade de Avellaneda, fundada o 25 de marzo de 1903, cuxa principal actividade é o fútbol profesional. Ó longo da súa historia ten sido o primeiro club arxentino en acadar 3 campionatos nacionais seguidos, o segundo en acadar a Copa Libertadores e o primeiro en acadar a Copa Intercontinental. No seu palmarés ten 18 ligas, 9 delas da época de afeccionados (anterior a 1931), época na que gañou o alcume de La Academia.
O equipo xoga os seus encontros como local no Estadio Presidente Juan Domingo Perón, da súa propiedade, que ten capacidade para acoller a 51.389 seareiros. O máximo rival do Racing Club é o seu veciño Club Atlético Independiente, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.
O seu presidente dende 2024 é Diego Milito, que sucedeu no cargo ao galego Víctor Blanco.
Palmarés Títulos nacionais Primeira División da Arxentina (18): 1913, 1914, 1915, 1916, 1917, 1918, 1919, 1921, 1925, 1949, 1950, 1951, 1958, 1961, 1966, Ape 2001, 2014, 2019.
Títulos continentais Copa Intercontinental (1): 1967. Copa Libertadores (1): 1967. Supercopa Suramericana (1): 1988. Copa Suramericana (1): 2024. Recopa Suramericana (1): 2025. Copa Aldao (2): 1917, 1918.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial do Racing Club
center|1000px|