1827 (MDCCCXXVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos

España: sublevación carlista en Cataluña.

Música

27 de outubro - Estréase a ópera Il pirata, de Bellini, no Teatro de La Scala de Milán.

Nacementos 2 de febreiro - Francisco María de la Iglesia, xornalista e escritor galego (m. 1897). 17 de febreiro - Manuel Villacampa del Castillo, militar galego (m. 1889). 31 de marzo - Francisco Suárez García, xornalista, escritor e político galego (m. 1900). 30 de setembro - Maximino Teijeiro Fernández, médico e político galego (m. 1900). 16 de outubro - Arnold Böcklin, pintor suízo (m. 1901).

26 de novembro - Ellen G. White, profetisa e cofundadora da Igrexa adventista do sétimo día (m. 1915). 28 de decembro - Manuel Aguirre de Tejada, avogado e político galego (m. 1911).

Mortes 17 de xaneiro - Johann Heinrich Pestalozzi, pedagogo suízo (n. 1746). 22 de febreiro - Charles Wilson Peale, pintor estadounidense (n. 1741). 5 de marzo - Alessandro Volta, físico italiano (n. 1745). 5 de marzo - Pierre Simon Laplace, matemático francés (n. 1749). 26 de marzo - Ludwig van Beethoven compositor alemán (n. 1770). 8 de agosto - George Canning, primeiro ministro británico (n. 1770). 12 de agosto - William Blake, poeta e pintor inglés.

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1827