Stromile Swift, nado o 21 de novembro de 1979 en Shreveport, Louisiana, é un ex xogador estadounidense profesional de baloncesto.

Traxectoria Swift pasou a súa carreira universitaria en Louisiana State, antes de ser seleccionado na 2ª posición do Draft da NBA do ano 2000 polos Vancouver Grizzlies. Estivo nos Grizzlies, en Vancouver e en Memphis, ata o ano 2005.

Tras a tempada 2004-05, deixou os Grizzlies coma axente libre e asinou un contrato por 4 anos e 22 millóns de dólares cos Houston Rockets. O día do Draft de 2006, foi traspasado de novo aos Memphis Grizzlies xunto á 8ª elección do Draft, Rudy Gay, a cambio de Shane Battier.

O 4 de febreiro de 2008, Swift foi traspasado aos New Jersey Nets a cambio de Jason Collins e diñeiro. Catro días despois, xogou os seus primeiros minutos cos Nets contra os Charlotte Bobcats.

O 1 de marzo de 2009, Swift foi cortado polos Nets, e tres días máis tarde, asinou un contrato cos Phoenix Suns para o que quedaba de tempada. Tamén en setembro de 2009, asinou un contrato cos Philadelphia 76ers, pero foi cortado en outubro sen xogar nin un só minuto.Sixers waive Swift, Singletary

En decembro de 2009, Swift asinou un contrato cos Shandong Lions da Chinese Basketball Association, e fixo o seu debut días máis tarde.

Estatísticas NBA Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS 2000-01 Vancouver 80 16.4 0.451 0.000 0.603 3.6 0.4 0.8 1.0 4.9 2001-02 Memphis 68 26.5 0.480 0.000 0.711 6.3 0.7 0.8 1.7 11.8 2002-03 Memphis 67 22.1 0.481 0.000 0.722 5.7 0.7 0.8 1.5 9.7 2003-04 Memphis 77 19.8 0.469 0.250 0.725 4.9 0.5 0.7 1.5 9.4 2004-05 Memphis 60 21.3 0.449 0.000 0.758 4.6 0.7 0.7 1.5 10.1 2005-06 Houston 66 20.4 0.491 0.000 0.651 4.4 0.4 0.6 0.8 8.9 2006-07 Memphis 54 19.1 0.465 0.000 0.724 4.6 0.3 0.6 1.1 7.8 2007-08 Memphis 35 15.7 0.525 0.000 0.642 3.7 0.6 0.3 1.0 6.8 2007-08 New Jersey 21 14.0 0.477 0.000 0.750 3.3 0.2 0.2 0.9 5.0 2008-09 New Jersey 6 10.7 0.600 0.000 0.455 2.2 0.2 0.0 0.3 3.8 2008-09 Phoenix 13 9.3 0.366 1.000 0.533 2.5 0.2 0.3 0.5 3.0 Carreira 547 19.8 0.473 0.074 0.699 4.6 0.5 0.6 1.2 8.4

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Biografía nos LSU Tigers

Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores dos Vancouver Grizzlies Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Xogadores dos New Jersey Nets Categoría:Xogadores dos Phoenix Suns Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Vancouver Grizzlies Categoría:Ala-pivotes de baloncesto