Nabucco é unha traxedia lírica en catro partes, cada unha cun título (Xerusalén, O impío, A profecía e O ídolo), con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Temistocle Solera, baseada no Antigo Testamento e na obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 no Teatro alla Scala de Milán.

A acción da ópera conta a historia do rei Nabucodonosor II da Babilonia. Foi escrita durante a época da ocupación austriaca no norte da Italia e, por medio da varias analoxías, suscitou o sentimento nacionalista italiano. O Coro dos Escravos Hebreos, no terceiro acto da ópera (Va, pensiero, sull'ali dorate, "Vai, pensamento, sobre asas douradas") converteuse nun símbolo do nacionalismo italiano da época.

O éxito desta ópera perdura ata hoxe en día, e aínda que non é tan representada como outras óperas de Verdi, permanece entre as óperas máis representadas do repertorio operístico mundial. Nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 17 das cen óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 10.ª en Italia e a cuarta de Verdi, con 183 representacións.

Personaxes PersonaxeTesituraIntérpretes na estrea,9 de marzo de 1842(Director: - Eugenio Cavallini)Nabucco, rei de Babilonia barítonoGiorgio RonconiAbigaille, supostamente a súa filla maior sopranoGiuseppina StrepponiFenena, filla de Nabucco mezzosopranoGiovannina BellinzaghiIsmaele, sobriño do rei de Xerusalén tenorCorrado MiragliaZaccaria, Sumo Sacerdote de XerusalénbaixoProsper DérivisAnna, irmá de ZaccariasopranoTeresa RuggeriAbdallo, soldado babiloniotenorNapoleone MarconiSumo Sacerdote de BabiloniabaixoGaetano RossiPovoo, soldados

ArgumentoResumo da sinopse de Simon Holledge publicada por primeira vez en Opera japonica e aparece aquí con permiso. Data: 587 a. C. Lugar: Xerusalén e Babilonia

Parte I: Xerusalén Interior do Templo de Xerusalén

Nabucco entra en Xerusalén. A presenza dunha refén, Fenena, filla máis nova de Nabucco, pode asegurar a paz (Aria: Come notte a sol fulgente / "Como a noite antes do sol"). Zaccaria confía a seguridade de Fenena a Ismaele, sobriño do rei de Xerusalén e anterior enviado a Babilonia. Aínda que Fenena e Ismaele se aman, cando os deixan sos, Ismaele úrxelle a ela a que escape antes que arriscar a súa vida. A filla máis vella de Nabucco, Abigaille, entra no templo con soldados disfrazados. Ela tamén ama a Ismaele. Ao descubrir aos amantes, ameaza a Ismaele: se non abandona a Fenena, Abigaille a acusará de traizón. Entra o propio rei (Viva Nabucco / "Viva Nabucco"). Zaccaria o desafía, ameazando con matar a Fenena cunha daga. Ismaele intervén para salvala. Nabucco responde ordenando a destrución do Templo, e os xudeus maldín a Ismaele como un traidor.

Parte II: O impío Escena 1: O palacio en Babilonia

Abigaille descubriu un documento que proba que ela non é a auténtica filla de Nabucco, senón unha escrava (Aria: Anch'io dischiuso un giorno / "Eu tamén unha vez abrín o meu corazón á felicidade"). O Sumo Sacerdote de Baal lanza un golpe para poñer a Abigaille no trono, mentres que estende o rumor de que Nabucco morreu en batalla, e eles deixan a Abigaille cantando a cabaletta: Salgo già del trono aurato / "Estou preparada para ascender ao trono dourado").

Escena 2: Unha sala no palacio en Babilonia

Zaccaria espera a Fenena (Vieni, o Levita / "Traede as táboas da lei"). Ela convértese ao xudaísmo, e Ismaele reconcíliase cos xudeus. Porén, anúnciase que o rei morreu e Abigaille e o Sumo Sacerdote de Baal esixen a coroa a Fenena. Inesperadamente entra o mesmo Nabucco, enfadando a ámbolos dous lados, tanto a Baal, como ao deus hebreu que el derrotou. Declárase a si mesmo Deus. Cando Zaccaria se queixa, Nabucco ordena que maten aos xudeus. Fenena di que ela compartirá a súa sorte. Repetindo que el é agora deus: Non son piu re, son dio / "Non son un rei! ¡Son un deus!"), Nabucco é fulminado por un raio e perde os seus sentidos.

Parte 3: A profecía Escena 1: Os xardíns colgantes de Babilonia

O Sumo Sacerdote de Baal presenta a Abigaille o decreto de morte contra os xudeus e Fenena. Nabucco entra enlouquecido, reclamando o seu trono. Abigaille convénceo para selar o decreto, mais el pídelle salvar a Fenena. Dille a Abigaille que ela non é a súa verdadeira filla senón unha escrava. Abigaille mófase del, destruíndo o documento coa evidencia das súas verdadeiras orixes. Entendendo que el é agora un prisioneiro, roga pola vida de Fenena. (Dúo: Oh di qual onta aggravasi questo mio crin canuto / "Oh qué afrenta debo soportar na miña ancianidade").

Escena 2: Beiras do río Éufrates

Os xudeus senten morriña da súa terra natal: Va pensiero, sull'ali dorate / "Voa, pensamento en as douradas; voa e aséntate nas ladeiras e os outeiros"). Zaccaria novamente lles exhorta a ter fe: Deus destruirá Babilonia.

Parte IV: O ídolo caído Escena 1: O palacio en Babilonia

Nabucco desperta, recobrou complétamente o sentido e a forza. Ve que levan a Fenena, encadeada, á morte. Pide desculpas ao deus dos xudeus, e promete reconstruír o Templo de Xerusalén e seguir a fe verdadeira (Dio di Giuda / "¡Deus de Judá!").

Escena 2: Os xardíns colgantes de Babilonia

Conforme Zaccaria lidera a Fenena e aos xudeus á morte (Va! La palma del martirio......dischius'è il firmamento / "Vai, doncela, e conquista a palma do martirio"...."Oh, o ceo abriuse!") no altar dos sacrificios de Baal, Nabucco entra coas espada na man. A unha palabra súa, o ídolo de Baal creba en anacos. Nabucco libera aos xudeus e construirá un novo templo ao seu deus. Entra Abigaille, que se envelenou e expresa o seu remordemento, pedindo o perdón de Fenena e morre. Zaccaria aclama a Nabucco como o servidor de Deus e o rei de reis.

Orquestración A partitura de Verdi prevé a utilización de: piccolo, 2 frautas, 2 óboes, corno inglés, 2 clarinetes, 2 fagots 4 trompas, 2 trompetas, 2 trombóns, trombón baixo, cimbasso timbais, bombo, pratos, tambor, ferriños 2 arpas archi

Música en escena: Banda

Estrutura

Sinfonia Parte I 1 Introduzione Coro: Gli arredi festivi (Coro) Escena I 2 Recitativo e Cavatina di Zaccaria Recitativo: Sperate, o figli! (Zaccaria, Coro) Escena II Cavatina con coro: D'Egitto là sui lidi (Zaccaria, Coro) Escena II Tempo di mezzo: Qual rumore? (Coro) Escena II-III Cabaletta con coro: Come notte a sol fulgente (Zaccaria, Coro) Escena III 3 Recitativo e Terzettino Recitativo: Fenena! O mia diletta! (Ismaele, Fenena) Escena IV-V Terzettino: Io t'amava!... Il regno, il core (Abigaille, Ismaele, Fenena) Escena V 4 Finale I Coro: Lo vedeste?... Fulminando (Coro, Zaccaria) Escena VI Scena e marcia: Viva Nabucco!... (Abigaille, Coro, Zaccaria, Ismaele) Escena VI Seguito del Finale I: Che tenti?... Oh trema, insano! (Zaccaria, Nabucco, Fenena, Abigaille, Ismaele) Escena VII Stretta del Finale I: Mio furor, non più costretto (Nabucco, Abigaille, Fenena, Anna, Zaccaria, Coro) Escena VII

Parte II 5 Scena e Aria di Abigaille Scena: Ben io t'invenni, o fatal scritto!... (Abigaille) Escena I Aria: Anch'io dischiuso un giorno (Abigaille) Escena I Tempo di mezzo: Chi s'avanza? (Abigaille, Gran Sacerdote, Coro) Escena II Cabaletta con coro: Salgo già del trono aurato (Abigaille, Gran Sacerdote, Coro) Escena II 6 Recitativo e Preghiera di Zaccaria Recitativo: Vieni, o levita!... (Zaccaria) Escena III Preghiera: Tu sul labbro dei veggenti (Zaccaria) Escena III 7 Scena e Coro Scena: Che si vuol? - Chi mai ci chiama (Coro, Ismaele) Escena IV Coro: Il maledetto non ha fratelli... (Coro, Ismaele) Escena IV-V 8 Finale II Scena: Ma qual sorge tumulto! (Fenena, Ismaele, Zaccaria, Coro) Scena V-VI-VII-VIII Canone: S'appressan gl'istanti (Coro, Tutti) Escena VIII Scena: S'oda or me!... Babilonesi (Nabucco, Fenena, Gran Sacerdote, Zaccaria, Anna, Coro) Escena VIII Delirio: Chi mi toglie il regio scettro?... (Nabucco, Zaccaria, Abigaille) Escena VIII

Parte III 9 Introduzione Coro: È l'Assiria una regina (Coro) Ecena I 10 Scena e Duetto di Nabucco e Abigaille Scena: Eccelsa donna (Gran Sacerdote, Abigaille) Escena II Duetto: Donna, chi sei? (Nabucco, Abigaille) Escena III 11 Coro e Profezia Coro: Va', pensiero, sull'ali dorate (Coro) Escena IV Scena: Oh, chi piange? (Zaccaria) Escena V Profezia con coro: Del futuro nel buio discerno... (Zaccaria, Coro) Escena V

Parte IV 12 Scena e Aria di Nabucco Scena: Son pur queste mie membra!... (Nabucco) Escena I Aria: Dio di Giuda!... (Nabucco) Escena I Tempo di mezzo: Porta fatale, oh t'aprirai!... (Nabucco) Escena I-II Cabaletta con coro: Cadran, cadranno i perfidi (Abdallo, Coro, Nabucco) Escena II 13 Finale ultimo Marcia funebre Escena III Recitativo: Va'! la palma del martirio (Zaccaria) Escena III Preghiera: Oh, dischiuso è il firmamento! (Fenena) Escena III Scena: Viva Nabucco! (Coro, Gran Sacerdote) Escena III-IV Inno: Immenso Jehovah (Coro) Escena IV Scena finale: Oh! chi vegg'io? (Nabucco, Abigaille, Zaccaria, Coro) Escena V

Arias célebres Sinfonia (parte I) Mio furor, non più costretto, (finale parte I) Ben io t'invenni, o fatal scritto!... Anch'io dischiuso un giorno, recitativo e aria de Abigaille (parte II) Vieni, o Levita, preghiera de Zaccaria (parte II) S'appressan gli istanti!, concertato (parte II) È l'Assiria una regina, introduzione (parte III) Va', pensiero, sull'ali dorate, coro dos hebreos (parte III) Dio di Giuda, perdono! preghiera de Nabucco (parte IV)

Gravacións AnoIntérpretes(Nabucco, Abigaille, Zaccaria, Ismaele, Fenena)Director,Teatro de ópera e orquestraSelo Recordings on operadis-opera-discography.org.uk 1951 Paolo Silveri,Caterina Mancini,Antonio Cassinelli,Mario Binci,Gabriella GattiFernando Previtali,Orchestra Sinfonica e Coro di Roma della RAI CD de son: Warner Fonit8573 82646-2 1965 Tito Gobbi,Elena Souliotis,Carlo Cava,Bruno Prevedi,Dora CaralLamberto Gardelli,(Wiener Staatsoper Orquestra e Coro CD de son: DeccaCat: 417 407-2 1982 Piero Cappuccilli,Ghena Dimitrova,Evgeny Nesterenko,Placido Domingo,Lucia Valentini TerraniGiuseppe Sinopoli,Deutschen Oper Berlin CD de son: DGCat: DG 410 512-2 1987 Renato Bruson,Ghena Dimitrova,Paata Burchuladze,Bruno Beccaria,Raquel PierottiRiccardo Muti,Teatro alla Scala Orquestra e Coro DVD: WarnerCat: 5050467-0944-2-0 2002 Juan Pons,Maria Guleghina,Samuel Ramey,Gwyn Hughes Jones,Wendy WhiteJames Levine,Metropolitan Opera DVD: DG, live recordingCat: B0006O9M6S 2004 Alberto Gazzale,Susan Neves,Orlin Anastassov,Yasuharu Nakajiima,Annamaria PopescuRiccardo Frizza,Teatro Carlo Felice Orquestra e Coro DVD: Dynamic, live recordingCat: 33465 2004 Renato Bruson,Maurizio Frusoni,Lauren Flanigan,Carlo Colombara,Monica BacelliPaolo Carignani,Teatro San Carlo Nápoles Orquestra e CoroDVD: Brilliant Classics, live recordingCat: 92270 2007 Leo Nucci,Maria Guleghina,Carlo Colombara,Fabio Sartori,Nino Surguladze,Daniel Oren, Arena di Verona Orquestra e Coro DVD: Decca, live recordingCat: DDD 0440 074 3245 7 DH

Notas

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en italiano Categoría:Óperas estreadas en Milán Categoría:Óperas estreadas no Teatro alla Scala Categoría:Óperas de 1842