Jérusalem é unha grand opéra en catro actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en francés de Alphonse Royer e Gustave Vaéz. Foi estreada no Théatre de l'Opera de París o 26 de novembro de 1847. Foi a primeira colaboración de Verdi para un teatro non italiano e baseouse na súa propia ópera de 1843 I Lombardi alla prima crociata, mais realizando unha versión ao gusto francés, cun novo texto, nova música, variacións no argumento e a inclusión dun ballet, esixencia imprescindible para os franceses tal como entendían a ópera. O 26 de decembro de 1850 foi estreada no Teatro alla Scala de Milán, traducida ao italiano e sen ballet, baixo o nome de Gerusalemme.

Personaxes PersonaxeTesituraElenco na estrea,26 de novembro de 1847(Director: -)Gaston, vizconde de BearnetenorGilbert-Louis DuprezLe Comte de Toulouse barítonoCharles PortheautRoger, irmán do condebaixoAdolphe-Louis-Joseph AlizardHélène, filla do condesopranoEsther Julian Van GelderIsaure, súa compañeiramezzosopranoMullerAdhemar de Monteil, legado do PapabaixoHippolyte BremontRaymond, escudeiro de GastontenorM. BarbotL'Emir de RamlabaixoGuignotUn Officier de l'EmirtenorKoenigUn heraldobaixoM. MolinierUn soldadobaixoM. PrevostCabaleiros, damas, paxes, soldados, peregriños, penitentes e verdugo, xeques árabes, mulleres do arén e xente de Rambla

Véxase tamén

Categoría:Óperas de Verdi Categoría:Óperas en francés Categoría:Óperas estreadas en París Categoría:Óperas de 1847