Dalasýsla é un dos vinte e tres condados de Islandia. Está situado ao noroeste do país.
Xeografía O condado de Dalasýsla está situado ao noroeste de Islandia, na rexión de Vesturland. Limita cos condados de Strandasýsla ao leste, Mýrasýsla ao sur, Snæfellsnes-og Hnappadalssýsla ao oeste, e Austur-Barðastrandarsýsla ao norte. O seu clima é frío, ao igual que o do resto do país. Este condado ten unha superficie de 2.078 quilómetros cadrados. O seu fuso horario é o Atlantic/Reykjavik, o mesmo que emprega o resto do país.
Demografía Nos seus 2.078 quilómetros cadrados de extensión residen un total de 714 habitantes, o que supón unha densidade de poboación de 0,3 habitantes por quilómetro cadrado.
Municipios O condado inclúese dentro da circunscrición de Norðvesturkjördæmi, e comprende un único municipio:
Dalabyggð (Fellsstrandarhreppur) (Haukadalshreppur) (Hvammshreppur) (Laxárdalshreppur) (Skarðshreppur) (Suðurdalahreppur) (Hörðudalshreppur) (Miðdalahreppur) (Klofningshreppur) (Skarðsstrandarhreppur)
Localidades O condado de Dalasýsla está formado polas seguintes localidades:
Cidade Altitude (pés) Poboación Búðardalur 114 10 Dagverðarnes 9 5 Hjarðarholt 144 19 Vammur 193 16 Sauðafell 360 19 Skarð 308 14 Snóksdolur 413 19 Staðarfell 0 5 Stadharholskirkja 22 14 Stóra-Vatnshorn 652 19
Borgarfjarðarsýsla