A Universidade de Mondragón (en ) é unha universidade privada de iniciativa social sen ánimo de lucro, pertencente á corporación Mondragón, que foi declarada de utilidade pública. A súa sede principal está en Mondragón (Guipúscoa).
Caracterízase por pretender un ensino de calidade e de orientación práctica dos estudos sobre todo en canto ao mercado laboral, dando especial importancia á formación profesional dos estudantes. Así pois a súa pertenza á corporación Mondragón permítelle manterse próxima ao mundo da empresa facilitando aos seus alumnos o contacto co mercado laboral. Actualmente ten ao redor de 4.000 alumnos cursando 22 titulacións de grao, 15 masters e 8 cursos de experto universitario.
Centros docentes Ten catro facultades e escolas: Escola Politécnica Superior, en Mondragón, Ordizia, Hernani e Zorrotzaurre (Bilbao), este último só con enxeñaría mecatrónica. Facultade de Empresariais, en Oñati, Irún e Bilbao, ademais de diferentes laboratorios en Madrid, Barcelona, Valencia, Querétaro (México) e Xangai. Facultade de Humanidades e Ciencias da Educación, en Eskoriatza e Aretxabaleta. Facultade de Ciencias Gastronómicas, en Donostia.
Véxase tamén Ligazóns externas Web da Universidade de Mondragón Corporación Mondragón
Mondragon Categoría:Universidades privadas de España