San Roque é un lugar da parroquia de Morgadáns no concello pontevedrés de Gondomar na comarca de Vigo. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2025 tiña 129 habitantes (62 homes e 67 mulleres).

Lugares de interese

O lugar ten unha gran historia e arquitectura con estruturas coma a capela de San Roque, O Torreiro de San Roque e rúas tradicionais, queda preto de Santiago de Morgadáns e comunica con outros lugares coma Xende, Viñó ou Gonda

Toponimia

O topónimo San Roque é un haxiotopónimo referido a Roque de Montpellier. Débese á presenza no lugar da capela baixo dita advocación.

Festas e Tradicións

As festas de San Roque celébranse o 16 de agosto con procesións e outros actos relixiosos ademais dunha festa no torreiro e arredores da capela homónima

Lugares e parroquias Lugares de Morgadáns

Parroquias de Gondomar

Categoría:Lugares de Gondomar