In the Court of the Crimson King foi o álbum de estrea da banda de rock progresivo británica King Crimson, editado o 10 de outubro de 1969. O disco acadou o número 5 nas lista británicas, e foi certificado ouro nos Estados Unidos.

O álbum é considerado como un dos mellores do xénero do rock progresivo, onde King Crimson se desfai das bases de blues do rock e mestura jazz e elementos sinfónicos clásicos. No seu libro de 1997 Rocking the Classics, o crítico e musicólogo Edward Macan destacou que In the Court of the Crimson King "pode ser o álbum de rock progresivo máis influente xamais editado". Pete Townshend de The Who falou do disco como "unha obra mestra extraordinaria". Na edición especial das revistas Q e Mojo Pink Floyd & The Story of Prog Rock, o álbum foi situado no número 4 da súa lista "40 Cosmic Rock Albums". O traballo foi incluído na lista da revista Classic Rock "50 Albums That Built Prog Rock".

O álbum foi remasterizado e reeditado en vinilo e CD varias veces durante os 80 e os 90. Todas esas versións estaban baseadas en copias de varias xeracións das cintas orixinais. A primeira xeración da orixinal pensábase desaparecida, pero foi localizada nun almacén no ano 2003. Isto permitiu a realización de versións melloradas en CD.

Novamente, en novembro do 2010 o álbum foi reeditado tanto en vinilo como en CD con aprobación de Robert Fripp. A remasterización foi realizada por Steven Wilson, da banda Porcupine Tree.

Listaxe de cancións Álbum orixinal Cara 1 "21st Century Schizoid Man" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 7:21 inclúe "Mirrors" "I Talk to the Wind" (McDonald, Sinfield) – 6:05 "Epitaph" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 8:47 inclúe "March for No Reason" e "Tomorrow and Tomorrow"

Cara 2 "Moonchild" (Fripp, McDonald, Lake, Giles, Sinfield) – 12:13 "The Dream" "The Illusion" "The Court of the Crimson King" (McDonald, Sinfield) – 9:25

inclúe "The Return of the Fire Witch" e "The Dance of the Puppets"

Re-edición do 40 aniversario Esta edición ven en 3 formatos distintos: A versión en 2 CDs, formado polo CD1 e CD2. A versión CD/DVD, formado polo CD1 e o DVD. A versión de 5 CDs e DVD, formado por todos os CDs e o DVD.

CD1 "21st Century Schizoid Man" – 7:24 "I Talk to the Wind" – 6:00 "Epitaph" – 8:52 "Moonchild" – 9:02 "The Court of the Crimson King" – 9:31 "Moonchild" – 12:15 (versión completa) "I Talk to the Wind" – 4:55 (versión de dúa) "I Talk to the Wind" – 6:36 (mestura alternativa) "Epitaph" – 9:05 (pista de acompañamento) "Wind Session" – 4:31 (extractos da sesión que produciu a intro de "21st Century Schizoid Man") temas 1–6: remestura do 2009 por Robert Fripp e Steven Wilson das cintas orixinais. temas 7–10: tomas alternativas das sesións orixinais de estudio, mesturadas e producidas por Steven Wilson.

CD2 "21st Century Schizoid Man" – 7:24 "I Talk to the Wind" – 6:04 "Epitaph" – 8:49 "Moonchild" – 12:13 "The Court of the Crimson King" – 9:26 "21st Century Schizoid Man" – 6:47 (early instrumental recording) "I Talk to the Wind" – 4:40 (BBC session, from bootleg source) "21st Century Schizoid Man" – 7:11 (BBC session, from a BBC transcription disc) "The Court of the Crimson King (Part 1)" – 3:22 "The Court of the Crimson King (Part 2)" – 4:31 temas 1–5: remasterización do 2004 temas 7–8: sesión na BBC Radio 1 temas 9–10: caras a e b do sinxelo orixinal en vinilo

CD3 "21st Century Schizoid Man" – 7:08 (versión de trío – instrumental) "I Talk to the Wind" – 4:21 (studio run-through) "Epitaph" – 9:27 (versión alternativa) "Moonchild" – 2:21 (toma 1) "The Court of the Crimson King" – 7:15 (toma 3) "21st Century Schizoid Man" – 7:21 "I Talk to the Wind" – 6:03 "Epitaph" – 8:56 "Moonchild" – 12:12 "The Court of the Crimson King" – 9:22 temas 1–5: tomas alternativas da sesión de estudio orixinal. Mesturados e producidos por Steven Wilson. temas 6–10: transferencia do vinilo da primeira impresión estéreo de Island Records no Reino Unido.

CD4 "21st Century Schizoid Man" – 6:36 "The Court of the Crimson King" – 6:31 "Get Thy Bearings" – 9:41 "Epitaph" – 4:29 "Mantra" – 3:05 "Travel Weary Capricorn" – 5:38 "Mars" – 3:30 "The Court of the Crimson King" – 7:52 "A Man A City" – 12:19 "Epitaph" – 8:32 "21st Century Schizoid Man" – 7:57 temas 1–7: bootleg restaurado, gravado ao vivo en Hyde Park, Londres, o 5 de xullo de 1969. temas 8–11: bootleg restaurado, gravado ao vivo en Fillmore East, Nova York, en novembro de 1969.

CD5 "21st Century Schizoid Man" – 7:22 "I Talk to the Wind" – 6:04 "Epitaph" – 8:52 "Moonchild" – 12:13 "The Court of the Crimson King" – 9:27 "The Court of the Crimson King" – 2:20 temas 1–5: mestura en mono usada para a promoción na radio só nos Estados Unidos tema 6: editado, mestura en mono usada para a promoción na radio só nos Estados Unidos

DVD remestura do 2009, 5.1 surround, en DTS e MLP remestura do 2009, estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP Tomas alternativas da sesión orixinal de estudio (CD3 temas 1–5), estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP remasterización do 2004 (CD2 temas 1–5), estéreo, en 24/48 LPCM e 24/96 MLP "21st Century Schizoid Man" – película do concerto en Hyde Park o 5 de xullo de 1969

Notas

Categoría:Álbums de King Crimson Categoría:Álbums musicais de 1969 Categoría:Álbums de estrea Categoría:Álbums de Island Records Categoría:Álbums de Atlantic Records