Melancholia é un filme franco-dinamarqués dirixido por Lars von Trier que se estreou no 2011. O argumento xira en torno a dúas irmás durante e pouco despois da voda dunha delas, mentres que un planeta interestelar está a piques de colidir coa Terra. A inspiración inicial de Von Trier para o filme veu dun episodio de depresión que sufriu e a idea de que as persoas deprimidas permanecen pacíficas en eventos catastróficos. A rodaxe tivo lugar en Suecia.
Melancholia ten música do preludio da ópera de Richard Wagner Tristan und Isolde (dende 1857 até 1859). É a segunda entrega na triloxía non oficial de Von Trier titulada "Depression Trilogy" (en galego Triloxía da Depresión), precedida por Antichrist e seguida por Nymphomaniac.
Sinopse O filme comeza cunha secuencia introdutoria envolvendo as personaxes principais e imaxes dende o espazo e introducindo moitos leitmotivs do filme. Estes son motivos creados virtualmente que revelan elementos clave do filme: Justine a noiva en profunda melancolía con paxaros caendo detrás dela; dun céspede con árbores e un reloxo de sol con dúas sombras diferentes; Cazadores na neve de Pieter Brueghel o Vello (adoito empregado coa interpretación dunha idealizada nostalxia) ardendo; o campo de golf inexistente (limbo) e o cabalo negro caendo catastroficamente a cámara lenta (batalla ego, superego e id); Justine vestida de noiva sendo arrastrada por un río; e ela freada polo vestido; e finalmente Justine e o seu sobriño construíndo a súa máxica cova antes de que a Terra colida con Melancholia converténdose nun.
Justine (Kirsten Dunst) e Michael (Alexander Skarsgård) celebran a súa voda cunha suntuosa festa en casa da súa irmá (Charlotte Gainsbourg) e o seu cuñado (Kiefer Sutherland). Mentres tanto, o planeta Melancolía diríxese cara á Terra.
Personaxes Kirsten Dunst como Justine. Charlotte Gainsbourg como Claire. Kiefer Sutherland como John. Alexander Skarsgård como Michael. Cameron Spurr como Leo. Charlotte Rampling como Gaby. John Hurt como Dexter. Jesper Christensen como Little Father. Stellan Skarsgård como Jack. Brady Corbet como Tim. Udo Kier como O planificador da voda.
Galardóns e nomeamentos 2011: Premios do Cine Europeo: Mellor filme, fotografía e deseño de produción. 8 nomeamentos. 2011: Festival de Cannes: Mellor actriz (Kirsten Dunst). 2011: Premios Cesar: Nomeado a Mellor filme estranxeiro. 2011: Independent Spirit Awards: Nomeado a Mellor filme estranxeiro. 2011: Asociación de Críticos dos Ánxeles: Nomeada a mellor actriz (Dunst). 2011: Premios Goya: Nomeada a Mellor filme europeo.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Lars von Trier Categoría:Filmes sobre psiquiatría Categoría:Filmes sobre vodas Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes sobre depresión Categoría:Filmes rodados en Suecia