SWAS (acrónimo de Submillimeter Wave Astronomy Satellite), tamén coñecido como Explorer 74, é un observatorio espacial da NASA pertencen ó programa Explorer lanzado o 6 de decembro de 1998 mediante un foguete Pegasus XL desde a base Vandenberg da Forza Aérea.

Características A misión de SWAS foi observar o ceo en lonxitudes de onda submilimétricas para estuda-la composición química, o balance de enerxía e a estrutura das nubes interestelares e os procesos que forman os planetas e as estrelas.

SWAS centrouse en observar liñas espectrais específicas:

a liña da molécula da auga a 556,936 GHz. a liña do osíxeno molecular a 487,249 GHz. a liña do carbono a 492,161 GHz. a liña do monóxido de carbono isotópico con 13C a 550,927 GHz. a liña da auga isotópica con 16O a 548,676 GHz.

O satélite estabilízase nos tres eixos e tiña unha precisión no apuntado de 38 segundos de arco.

SWAS foi apagado en febreiro de 2008, pero foi reactivado en varias ocasións para facer observacións especiais.

Instrumentos SWAS levaba a bordo un telescopio Cassegrain elíptico fóra de eixo, de 55 x 71 cm de apertura, cun ancho de feixe de 4 minutos de arco, e que alimenta uns radiómetros formados por un par de díodos Schottky refrixerados.

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina web de SWAS

Notas

Categoría:Programa Explorer