miniatura|300px|Foto satélite do Lago de Constanza, cortesía NASA O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.
Historia O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponio Mela, ao redor do ano 43 a.C., observando que o Rin atravesaba dous lagos, aos que lles deu os nomes latinos de Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, por mor da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).
Xeografía Sitúase na fronteira de Alemaña ao norte, de Austria ao leste e de Suíza ao sur, destacando ademais o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. O Lago baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e de Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e Sankt Gallen.
A súa área é de 536 km², calculada de novo en 2004, xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Léman. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.
O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Rin entra no lago polo sueste, a través do Obersee, na cidade de Constanza, e do Untersee, saíndo do lago preto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece de auga a varias cidades do sur de Alemaña.
O lago de Constanza foi formado polo glaciar do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuíndo así gradualmente a profundidade do lago no sueste.
Fronteira Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.
Illas Mainau Reichenau Lindau
Cidades bañadas Austria Hard Bregenz Lochau Fussach Gaissau
Alemaña A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita.
No Obersee e Überlinger See Baviera Lindau Wasserburg Baden-Württemberg Kressbronn, Langenargen Eriskirch Friedrichshafen Immenstaad Hagnau Meersburg Daisendorf (no Überlinger See) Unteruhldingen Überlingen Sipplingen Bodman-Ludwigshafen Wallhausen Dingelsdorf Litzelstetten Constanza
No Untersee Allensbach (no Gnadensee) Radolfzell (no Zellersee) Gaienhofen
Suíza Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:
No Obersee Cantón de Sankt Gallen Altenrhein Rorschach Steinach Turgovia Horn Arbon Frasnacht Egnach Romanshorn Uttwil Kesswil Güttingen Altnau Landschlacht Münsterlingen Bottighofen Kreuzlingen
No Rin Gottlieben
No Untersee Ermatingen Mannenbach Berlingen Steckborn Mammern Eschenz
Véxase tamén
Categoría:Lagos de Europa Categoría:Baden-Württemberg Categoría:Baviera Categoría:Turgovia Categoría:Cantón de Sankt Gallen Categoría:Río Rin